Nota de Prensa
O GMPP de Burela denuncia que algunha partida dos presupostos do presente ano está xa a piques de agotarse .
Aseguran que así consta en determinados decretos de aprobación de facturas do presente ano.
Os populares reiteran o absoluto descontrol político no gasto por parte do alcalde.
O GMPP de Burela denunciou hoxe que determinadas partidas de gasto do presente ano están a piques de agotarse, e ainda non levamos nin medio ano andado.
Os populares aseguran que así consta en determinada documentación que se inclúe no pleno de hoxe.
Así, citan o decreto nº 219 de 8 de abril, onde se di textualmente que “á vista de que determinadas facturas, unha vez aprobado o presente decreto, quedan casi sin consignación”. Nese mesmo decreto faise consta que “non hai propostas de gasto”, e que se están fraccionando pagos de contías superiores a 18.000’00€, que deberían ser obxecto de contratación con procedemento negociado no que concurran alomenos tres empresas.
Esta práctica irregular é habitual no bipartito burelés co consentimento do alcalde, e así se está dando a situación de que determinadas partidas, de Cultura, Deportes e Turismo, estean xa a piques de ver como o seu saldo entra en números bermellos.
Os populares reafírmanse nas críticas dos últimos días, e pídenlle ó alcalde que exerza como tal: un alcalde non pode mirar para outro lado, e debe poñer orden inmediatamente entre os concellais que o apoian. Outra cousa e se se atreve e lle deixan, visto o que está a pasar, que non é nada máis que comprobar como determinados concelleiros teñen patente de corso para facer o que lles pete.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



