Nota de Prensa
O BNG INTERÉSASE POLO REFORZO DA BASE DE VIXIANZA ADUANEIRA CON BASE EN RIBADEO
Bieito Lobeira e Fernando Blanco instan ao goberno galego a demandar melloras no servizo con base en Ribadeo
A Mariña, 29 de abril de 2010. Os parlamentares nacionalistas, Bieito Lobeira e Fernando Blanco, presentaron unha iniciativa no paralamento galego interesándose pola situación do servizo de vixianza aduaneira con base en Ribadeo. Os nacionalistas argumentan o proceso de precarización deste servizo onde a patrulleira “Alcaraván III” con case 25 anos de idade, non está en condicións de atender as necesidades do servizo.
Un embarcación con case 25 anos que só traballa 15 días ao mes por falla de persoal
Os parlamentares nacionalistas chaman a atención sobre a situación da embarcación do SVA, Alcaraván III con base en Ribadeo, que conta con case 25 anos de idade e só alvanza unha velocidade máxima de 20 nós, “claramente insuficiente para o tipo de operacións que debe levar adiante”
Por se fora pouco esta embarcación só traballa 15 días ao mes por falla de persoal e leva parada dende o pasado mes de novembro por avaría, segundo denunciou o sindicato CIG.
Bieito Lobeira e Fernando Blanco recoñecendo a responsabilidade do SVA no Goberno do Estado, preguntan ao Goberno Galego pola valoración que fai da situación deste servizo en Ribadeo, insistindo na necesidade de que este faga xestións políticas para mellorar a situación deste servizo, neste sentido preguntan si a Xunta de Galiza ten ptevisto dirixirse ao goberno do Estado a fin de substituír o Alcaraván III por outra embarcación mais moderna e con mellores prestacións, ademais do incremento do persoal nesta base.























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



