SANTIAGO .- O secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, invitación a todos os grupos de escolares, asociacións e colectivos, para que no caso de que así o desexen, poidan acudir a coñecer a “casa de todos os galegos”. Hoxe acudiron alumnos do colexio Sagrado Corazón de Jesús, de Ribadeo acompañados dos seus profesores. Foron recibidos por José Manuel Balseiro Orol, secretario da Mesa do Parlamento quen lles agradeceu a visita e deu conta de varias cuestións relativas ao funcionamento da Cámara lexislativa galega.
Nota de Prensa
Alumnos do colexio SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS, de Ribadeo visitaron no día de hoxe as instalacións do Parlamento de Galicia acampañados dos seus profesores. Foron recibidos por Jose Manuel Balseiro Orol, secretario da Mesa do Parlamento quen lles agradeceu a visita e deu conta de varias cuestións relativas ao funcionamento da Cámara lexislativa galega.
Ademais os alumnos puideron presenciar desde a tribuna de invitados do Parlamento de Galicia o transcurso da Sesión Plenaria, que precisamente no día de hoxe se está a celebrar no Pazo do Hórreo.
Jose Manuel Balseiro fai extensible, na súa calidade de Secretario do Parlamento de Galicia, a invitación a todos os grupos de escolares, asociacións e colectivos para que no caso de que así o desexen poidan acudir a coñecer a “casa de todos os galegos”, o Parlamento de Galicia. Con este obxecto poden contactar co Gabinete de Presidencia da Cámara galega no teléfono 981 55 13 00






















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



