Nota de Prensa
O voceiro do Mar e deputado mariñán Jose Manuel Balseiro Orol reclama a través dunha iniciativa parlamentaria ao socialista José Blanco que financie a construción dun apeadeiro de carga e descarga de pasta de papel e madeira en beneficio do porto ribadense de Mirasol
O PPdeG PEDIRÁ A FOMENTO QUE INVISTA EN RIBADEO UNHA CANTIDADE EQUIVALENTE Á PREVISTA PARA O RAMAL ENTRE ENCE E O PORTO ASTURIANO DO MUSEL
* Os populares que consideran esta petición como “xusta, ecuánime e respectuosa cos principios de igualdade e equilibrio territorial” rexistrarán con este mesmo obxecto unha moción para o seu debate no Pleno municipal
* O ministerio socialista discrimina a Galicia tras anunciar que FEVE achegará 3,5 millóns de euros en cartos públicos, pagados tamén polos galegos, para conectar a empresa ENCE co porto de Xixón o que pode dar lugar ao cese de actividade desta factoría desde Ribadeo
Santiago, 30 de abril de 2010.- O Partido Popular pedirá ao Ministerio de Fomento que invista en Ribadeo unha cantidade equivalente á prevista para o financiamento por parte do Goberno do Estado do ramal ferroviario que se construirá entre a empresa ENCE e o porto asturiano do Musel. Esta nova infraestrutura proxectada polo Executivo socialista pode dar lugar a que a empresa papeleira substitúa o porto ribadense de Mirasol, desde o que realiza as súas operacións na actualidade, polo de Xixón, cos consecuentes prexuízos para a nosa comunidade.
Ata o de agora Fomento estaría a discriminar a Galicia tras anunciar que a través da empresa FEVE achegará 3,5 millóns de euros para construír esta conexión ferroviaria na comunidade veciña. Os populares insisten que dado que esta actuación se financia con cargos públicos, procedentes tamén dos impostos que pagan os galegos, o máis lóxico é requirir ao Goberno central que invista unha cantidade equivalente en favor do porto galego.
O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, acompañado do presidente desta formación política en Ribadeo, Jose Carlos Rodríguez Andina, deron conta en rolda de prensa desta cuestión e da presentación dunha serie de iniciativas tanto na Cámara galega como no Concello de Ribadeo. Máis en concreto o PP no Parlamento de Galicia pedirá ao ministro Jose Blanco que financie a construción dun apeadeiro de carga e descarga de pasta de papel e madeira –no emprazamento que estime máis oportuno, como pode ser o novo polígono industrial- de tal xeito que tamén resulte beneficiado o porto ribadense de Mirasol e non exclusivamente o peirao asturiano polas actuacións previstas por FEVE.
Os populares que non dubidaron en considerar esta petición como “xusta, ecuánime e respectuosa cos principios de igualdade e equilibrio territorial” e adiantaron que rexistrarán igualmente, con este mesmo obxecto, unha moción para o seu debate no Pleno municipal.
EN APOIO DE MIRASOL
A ofensiva parlamentaria engádese a maiores á oferta pública feita por Portos de Galicia á multinacional papeleira para que siga operando desde o porto de Mirasol. O Grupo Parlamentario Popular pedirá tamén á Xunta de Galicia que continúa na liña de traballo establecida polo ente público autonómico que dirixe Jose Manuel Álvarez Campana, de cara a asegurar, afianzar e expandir o volume de tráfico comercial do peirao de Mirasol, en Ribadeo, por canto este ten un elemento dinamizador da economía e o emprego da área da Mariña Oriental.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



