BURELA .- Veciños de A Mariña afectados polo futuro do hospital e traballadores do centro sanitario concentráronse diante do Hospital da Costa para rexeitar “o que está a facer a Consellería de Sanidade”. Durante a concentración leron un manifesto no que se pide unha área de xestión integrada propia da Mariña, que inclúa primaria e especializada. Ampliación real do hospital en nº de camas, implantación de Oncoloxía, ampliación de hemodiálises, pleno funcionamento de Consulta Maior Ambulatoria, unha resonancia magnética, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de plantilla e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servizos e unidades existente tanto de Atención Primaria como de especializada e manifestamos o mais enérxico rechazo a calquera integración que pretenda facerse coa nosa área sanitaria.
Nota Prensa
A Xunta de Persoal leu na concentraciónn con afluencia masiva tanto de traballadores/as como de ciudadans da Mariñ,a que se sinten afectados polo que esta a facer a Consellería de Sanidade.
MANIFESTO
Dende fai un ano a sanidade pública galega e os traballadores do SERGAS vimos recibindo os ataques más duros que se recordan tanto na súa estrutura como no recorte dos dereitos laborais por parte da Consellería de Sanidade que non fan nada mais que desmotivarnos no noso quefacer diario.
Comezando pola suspensión dos acordos retributivos asinados e publicados no DOG, a parálises de aplicación do Plan Mellora de A.Primaria , a conxelación da carreira profesional, o peche de toda negociación, e rematando ca mobilidade forzosa dos traballadores e incluso de unidades coa creación das comisións de servizos forzosas
E trala entrega na Mesa Sectorial as OOSS, por parte da Consellería, dos Borradores do “Decreto de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada” e “Plan de Ordenación de RRHH”, donde se recollen entre outros asuntos, a adscrición dos hospitais de Cee e de Ribeira ao CHUAC (A Coruña) e ao CHUS (Santiago), perdendo a sua condición de xerencia independente, que se farían no presente exercicio, deixando as provincias de Orense e Lugo para ser ordenadas no próximo ano, pasando de largo do actual mapa sanitario, é decir, ni se fai referencia a as áreas sanitarias en todo o documento “vulnerando” asi as competencias en materia de relacions laborais e a propia Lei que fixa a estrutura do Servicio Galego de Saude
.
Este decreto non define as unidades directivas,de xestión, nin as condicions laborais e económicas que se constitúen, e ó que é máis importante que papel se deixa a participación social como marcan claramente as leis de Saude de Galicia e a Lei Xeral de Sanidade, aspecto este que sería obrigado se non se tratara de sortear o actual mapa sanitario coa sua estrutura de áreas sanitarias.
A participación social establecida na actual Lei de Saude de Galicia refirense a os consellos de saude de Área Sanitaria (que non se citan no texto),e de ningún modo se refiren as Áreas de xestión integrada.
OS TRABALLADORES DA AREA SANITARIA DA MARIÑA ESIXÍMOS
-Unha área de xestión integrada propia da Mariña, que inclúa primaria e especializada
– Una aposta firme e decidida por esta comarca coa ampliación real do hospital en nº de camas, implantación de Oncoloxía, ampliación de hemodiálises, pleno funcionamento de Consulta Maior Ambulatoria, unha resonancia magnética, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, os aumentos de plantilla e por suposto o reforzo e mantemento de tódolos servicios e unidades existente tanto de Atención Primaria como de especializada e MANIFESTAMOS
O mais enérxico rechazo a calquera integración que pretenda facerse coa nosa área sanitaria






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



