LUGO .- O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, anunciou este venres que a Deputación aprobará no mes de xuño as obras do Plan de Comunidades Veciñais de 2010, que conta cun investismento de 2,3 millóns de euros, aumentando un 4,5% con respecto á anualidade anterior. A contía de cada subvención non superará os 12.000 euros e non poderá exceder o 75% do importe da actividade subvencionable.
Na Xunta de Goberno de hoxe aprobáronse 16 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Suman un total 210.389 euros, dos que a Deputación achega 127.153. Pertencen ós Concellos de Abadín, Baralla, Becerreá, Foz, Lugo (4), Pantón, Samos, Sarria, Taboada, Monforte de Lemos, Monterroso (2), e Navia de Suarna. Antonio Gato Soengas subliñou que “en cada Xunta de Goberno estamos aprobando unha cantidade importante de obras que se inclúen nesta iniciativa coa que a Deputación subvenciona obras que os Concellos non poderían acometer sen a colaboración da Deputación”.
Neste senso, indicou que “a mala xestión do anterior goberno fixo que cando chegamos tivesemos que tramitar obras de Plans de anos anteriores, desbloqueando así o estado no que se atopaban algunhas e, sobre todo, porque entendíamos que era importante que os Concellos recibisen a cantidade que lles correspondia, xa que a maior parte están destinadas a abastecemento de augas, mellora de accesos a núcleos rurais, alumeado público… en definitiva, servizos básicos e útiles para os veciños e veciñas da provincia”.
A este respecto, Antonio Gato destacou a celeridade coa que está a actuar o equipo de goberno, de tal xeito que “estamos actuando nun tempo récord coas obras de 2009, xa que o Plan aprobouse no mes de outubro e podo adiantarlles que no mes de maio estará todo o Plan executado. Nestes momentos, das 295 subvencións están tramitadas ou en tramitación 137, é dicir, o 46%. “Isto é un exemplo da boa xestión deste equipo de goberno, o mesmo que desbloqueou grandes débedas históricas nesta provincia como a posta en marcha da UNED, a creación do Consorcio Provincial de Bombeiros, o pago da débeda do canon, etc”.
En 2008, ano no que o Plan foi xestionado polo actual equipo de goberno, concedéronse un total de 291 subvencións, destas están tramitadas na súa totalidade 272, 6 están en tramitación e 9 Comunidades manifestaron a súa renuncia por non poder executar a obra. É dicir, o 97% dos expedentes deste ano están totalmente abonados. Con respecto ó período 2005-2007 tan só quedan 7 obras por tramitar.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Aprobouse a renuncia do procedemento para a subministración, instalación e adaptación ás necesidades do servizo de Vías e Obras dunha aplicación informática para a xestión de conservación de estradas con inventario gráfico e visual. O motivo da renuncia débese a que no prego inicial só se contemplaba a conservación, pero observouse que era necesario engadir outras actuacións que afectan ó mantemento da rede viaria como son as canalizacións subterráneas, edificación e peche das parcelas contíguas ás vías, etc.
Asimesmo, deuse conta dunha sentanza do xulgado contencioso administrativo nº 1 de Ourense, na que se desestima o recurso interposto por unha empresa madereira contra a sanción imposta pola Deputación polo acopio de árbores e outros arrastres producidos na estrada provincial CP 1801 de Chantada por Nogueira ós Peares, no Concello de Chantada, carecendo de autorización. O importe da multa é de 600 euros e o suceso aconteceu en febreiro de 2007.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



