Despois de dous anos de vida, pontenova.es tene unha media de 1300 visitas diarias e esta a punto de alcanzar o medio millón de visitas, asegura o creador e director da web Javier Acebras Villar. Converteuse nun referente para a vida social de A Pontenova e dos pobos a rodean. Desde a web podemos acceder seccions de Superti fútbol sala, Sporting Pontenova, Esquelas, Lecer na Pontenova (fotos antigas), Fotos recentes de actos, La S.D:.Albións etc. Ademais do creador e administrador principal Javier Acebras Villar, pontenova.es conta con: Carlos de Fotocela (diseño e fotografía), Carlos Chass (camiño de Santiago e información xeneral), Manolo Piñeiro (Superti FS.), Serafin Ron e Daniel Moiron (Sporting Pontenova autonomica e Xuvenil), Teodoro de Tanatorio Lourido (esquelas), Taracho (CIT), Manuel Valcarcel (S.D. Albions)























A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



