CERVO .- Concelleiras do goberno municipal de Cevo informaron a representantes das asociacións veciñais e dos colectivos culturais e sociais do municipio do contido dos expedientes que se está a tramitar para conceder o título de fillos adoptivos ao mestre Rivera Casás e ao intelectual Isaac Díaz Pardo.
Nota de Prensa
DÍAZ PARDO E RIVERA CASÁS SERÁN PROPOSTOS PARA SEREN GALARDOADOS COMO FILLOS ADOPTIVOS DE CERVO
* Os dous candidatos forman parte da historia viva de Cervo e foron protagonistas directos dos cambios e logros acadados por este concello no último século
Cervo, 19 de maio de 2010.- As concelleiras Pilar Armada e Chelo Gallego reunironse hoxe na Casa da Cultura de San Ciprián cos representantes das asociacións veciñais e dos colectivos culturais e sociais do municipio para darlles a coñecer o contido dos expedientes que está a tramitar o grupo de Goberno local para conceder o título de fillos adoptivos ao mestre Rivera Casás e ao intelectual Isaac Díaz Pardo.
Segundo indicaron as concelleiras encargadas de instruír senllos expedientes, os trámites iniciados a finais do ano pasado alongáronse máis do que esperaban, “fundamentalmente ao avultado currículo de ámbolos dous e á extensa documentación que tivemos que manexar e solicitar de cara a elaborar estes expedientes” sinalaron.
Gallego e Armada salientaron que os dous persoeiros propostos para o galardón teñen recoñecementos sobradamente merecidos para seren acredores desta distinción “e por iso pretendemos saldar unha débeda de gratitude que temos todos os veciños de Cervo con ámbolos dous”. Na súa opinión, Díaz Pardo e Rivera Casás forman parte da historia viva de Cervo “e son protagonistas directos dos cambios e logros acadados por este concello no último século, por iso pensamos que non pode haber persoas máis axeitadas para abrir a lista de fillos adoptivos deste concello” aseguraron.
Unha vez posto a disposición o contido destes expedientes aos colectivos veciñais e culturais no día de hoxe, estes terán agora a oportunidade de valorar a idoneidade dos mesmos e facer as súas suxestións para despois continuar cos procedementos administrativos correspondentes ata chegar á aprobación definitiva en Pleno da concesión destes galardóns aos seus respectivos candidatos. “A intención do Goberno local é axilizar estes trámites ao máximo para poder aprobar esta concesión canto antes” aseguraron as concelleiras populares.
Francisco Rivera Casás naceu en Magazos (Viveiro) no ano 1912, aínda que vive en San Ciprián dende 1934, cando se incorporou como mestre con praza en propiedade á escola unitaria de nenos desta vila. Na proposta elaborada polo equipo de Goberno cervense saliéntase a súa profunda vocación profesional e a súa entrega non so á formación de varias xeracións de sancibrenses, se non tamén o seu papel dinamizador cultural e coma fundador do Museo do Mar provincial, do que na actualidade é director de honra.
Isaac Díaz Pardo naceu en Santiago de Comnpostela en 1920 na Casa da Tumbona da Rúa das Hortas. A actividade do seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño, propicia un ambiente artístico e intelectual que nutre ao receptivo rapaz e que o marca, pois sempre acompañou ao seu pai no traballo de escenografía, caligrafía, ilustración e pintura. A súa vinculación con Cervo iniciase en 1963, ano no que inicia o seu proxecto de recuperar a produción cerámica de Sargadelos en Bos Aires xunto con outros senlleiros intelectuais galegos coma Luis Seonae. Finalmente, o 10 de maio de 1970 inaugurou a planta circular das actuais cerámicas de sargadelos. O seu crecente éxito fixo posible que en pouco tempo se convertera nun exemplo do progreso industrial e empresarial galego, oq eu lle serviu a Díaz Pardo e aos seus colaboradores para considerar a posibilidade de que a empresa se puidese mostrar como unha embaixada e exemplo dese sentimento galeguista, que desde moitos anos propagaba Díaz Pardo con moitas das súas actuacións artísticas e empresariais, todo iso, coa idea de renovar e patentizar dende este recuncho cervense todo o que cultural e historicamente caracterizaba a Galicia.
Á xuntanza asistiron os representantes dos seguintes colectivos:
o Aventados
o Mulleres de San Ciprián
o CIT
o Anpa Cervo Nº 1
o A.Veciños Cruz da Venta
o Amigos da Maruxaina
o A. Vecinos Cervo
o Club Deportivo San Ciprián
o A Sombriza
o Amas de Casa Alborada
o Asoc. Mar de San Ciprián
o Asoc. Vecinos Lieiro
o Asoc. Montes Lieiro






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



