NOTA DE PRENSA
O programa incluída diversas actividades en ambos concellos veciños
PRETO DUN CENTO DE MOZOS PARTICIPARON NO ACTO ORGANIZADO POLAS NOVAS XERACIÓNS DE RIBADEO E CASTROPOL
· O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda arroupou a iniciativa das xuventudes populares, ademais doutros moitos cargos públicos galegos e asturianos.
Ribadeo, 10 de maio de 2010.- Preto dun cento de persoas participaron no día de onte no acto multitudinario organizado polas agrupacións locais de Novas Xeracións de Ribadeo e Castropol e que se desenvolveu en distintos puntos de ambos termos municipais. Os máis novos do Partido Popular queren amosar o seu agradecemento aos asistentes polo apoio multitudinario recibido. O éxito acadado fortalece a idea da organización de que este tipo de actos de irmandamento entre as agrupacións dos dous concellos veciños sexan unha actividade periódica, de tal xeito que a celebrada este domingo pasaría a ser a primeira edición.
No desenvolvemento da actividade estiveron arroupados polo voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda quen viaxou máis de 400 quilómetros –desde o seu Allariz natal- para apoiar ás xuventudes do Partido Popular. Non faltaron deputados como Emma Álvarez Chao ou María Seoane quen tamén ostenta a presidencia rexional das Novas Xeracións, ademais do secretario xeral dos populares lucenses Jose Manuel Balseiro Orol. Tamén se desprazaron un bo número de mozas e mozos doutros puntos da Mariña e integrantes da xestora provincial de NNXX. A representación lucense tivo tamén o seu reflexo no apoio acadado en Castropol, grazas á presenza de cargos públicos e dun bo número de militantes do Partido Popular de Asturias.
Os máis novos do Partido Popular compartiron un suculento xantar de confraternidade nunha carpa instalada na parroquia de Seares, na que degustaron unha churrascada, despois de ter paseado polas principais rúas da fermosa capital deste concello asturiano. Pero a primeira cita foi en Ribadeo, no salón de actos da Casa do Mar, onde falaron representantes de ambos colectivos xuvenís. As Novas Xeracións do Partido Popular de Castrol e Ribadeo coincidiron en que en ambos concellos e, especialmente entre a xuventude, cada día é máis patente a necesidade dun cambio que pasará pola única alternativa viable, que o Partido Popular volva á responsabilidade de Goberno poñendo fin a unhas alcaldías cuxo proxecto dá a diario mostras evidentes de estar esgotado.






















Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



