NOTA DE PRENSA
O GPPP denuncia o uso de fondos da Deputación con intención partidista no “Correlingua”
* Os populares aseguran que se empregaron frases e escenas violentas nun acto ó que asistían alumnos de Primaria e lembran que a administración provincial concedeu este ano unha subvención nominativa de 30.000 euros á Mesa pola Normalización Lingüística organizadora do evento
Lugo, a 14 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe que nos actos do Correlingua celebrados na capital lucense o pasado mércores, nos que participaron alumnos de Primaria e ESO, empregaronse frases e mesmo esceas de carácter violento contra o Decreto do Plurilingüismo.
Así, puideron escoitarse frases como “O PP mata ó galego” ou mesmo contemplar unha escea teatral na que se vía a un inglés e a un castelán pretendendo matar a un galego.
O GPPP considera que é totalmente improcedente que en calquer circunstancia se use semellante linguaxe e menos aínda cando os espectadores son alumnos deses niveis académicos, e que debería servir para que país e nais reflexionen sobre o verdadeiro sentir dos organizadores.
A maiores, os populares critican que os propios organizadores deste acto tentaran confundir ó alumnado, ó profesorado e ás familias ó non facilitarlles con antelación ningunha información sobre o contido dos actos que se ían a celebrar e os lemas que se ían empregar. Aseguran ademais ter constancia de que país e nais de alumnos participantes pediron explicacións ás direccións dos respectivos centros sobre este particular e que mesmo profesorado asistente recoñeceu a elevada politización do evento.
Os populares suliñan que a Deputación participou activamente na organización desta actividade, xa que na presentación pública do mesmo, xunto con representantes das organizacións convocantes, estivo o Sr. Veiga Otero, e no propio acto participou activamente o Sr. Bao cunha arenga política de elevado tono reivindicativo.
Ademais, a Deputación colaborou económicamente no seu desenvolvemento, xa que este ano aporta á Mesa pola Normalización Lingüística a nada despreciable cifra de 30.000 euros.
Se alguén dubidaba do carácter clientelar e caciquil do uso dos cartos de todos por parte do bipartito provincial xa a situación lles quedou clara, aseguran os populares. Salientan, de feito, que a Deputación, que no momento de crise no que nos atopamos debería estar xa replantexándose determinados capítulos e apartados do seu orzamento, adícase, pola contra, a malgastar os cartos de todos cun fin claramente partidista.




















Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



