Nota de Prensa
Estua afirma que os casos de Rinlo e Barreiros son marca da casa do PP
O BNG denuncia que o PP esta a converter nunha lameira a vida pública da Mariña
O Bloque Nacionalista Galego solicita que o Partido Popular aclare se avala a actuación das equipas de goberno de Barreiros en relación cos supostos delictos que lle imputa a fiscalía e a imputación do Presidente de Portos de Galiza en relación coa súa imputación pola licencia concedida a planta de acuicultura de Rinlo.
Neste sentido, segundo informou Xoán Estúa o BNG vai esixir no Parlamento de Galiza a comparecencia do Conselleiro Agustín Hernández a fin de coñecer cal é a posición do Goberno Galego en relación con estes feitos. “Non imos dar por normais actitudes que non teñen cabida na vida pública, cada día que pasa na que estes señores están a ocupar a súa responsabilidade o que están é a estender unha mancha de dúbidas sobre a institución que representan”, afirmou Estúa quen lamentou que “os responsábeis do PP en Lugo en Galiza están sendo cómplices deste tipo de actuación”.
Na mesma liña, referíndose as declaracións dos populares nas que lle demandaban ao BNG unha solución para o problema de Barreiros, Estua recordou “quen creou o problema foi o Partido Popular no Concello de Barreiros e tamén a nível galego, que avalou unha política que agora lle vai ao peto de todos os galegos, e nese sentido as declaracións do Grupo Provincial do PP non son máis que unha cortina de fume coa que pretende desviar a atención informativa, diante dun grupo de goberno que o día 28 de maio terá que comparecer diante do Xuíz”. Neste sentido Estúa esixiu que o PP aclare como permite a presencia en cargos públicos de persoas imputadas, a non ser que ese sexa o exemplo de representante público que o PP lle quere vender a sociedade galega.
O Vice Portavoz Comarcal do BNG foi máis alá ao afirmar que a día de hoxe o convenio urbanístico de Barreiros está en vía morta, tanto pola moratoria da Lei de Medidas Urxentes que impide definir as actuacións na área dos 500 metros, como pola situación de ilegalidade na que quedan as vivendas unifamiliares e das segregacións que se levaron a cabo en solo de núcleo como pola ausencia de calquera tipo de garantía para facer efectiva a aportación económica por parte dos constructores. “O Convenio non foi máis que un paripé, co que a Xunta pretende atopar unha coartada para deixar de persoarse nos contenciosos abertos” recalcou Estua.
Estua afirmou que a “actitude do grupo de goberno de Barreiros e do Presidente do Portos de Galiza non son unha anécdota, máis pola contra, son un reflexo do lameiral no que está a converter a vida política da Mariña os populares até o punto de queren dar como boa a ausencia de calquera referente ético na vida pública”. “Quen dá por boa estas prácticas, acaba por converterse en cómplice das mesmas ate o punto de que se queda sen ningún tipo de lexitimidade a hora de opinar” afirmou o nacionalista quen lle esixiu a Balseiro que aclare se no suposto de que o Xuíz atope materia penal na actuación do grupo de goberno de Barreiros vai permitir que os mesmos continúen nos seus cargos no Concello de Barreiros.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



