NOTA DE PRENSA:
O Ministro do Goberno do recorte, non explicou se Fomento paralizará todas as obras que ten pendente de executar ou en execución na Mariña lucense
O PP CONSTATA QUE JOSE BLANCO VEU A MARIÑA DE PASEO AO NON TER ADQUIRIDO NINGÚN COMPROMISO COA COMARCA
* Os populares manteñen o seu chamamento ao resto das forzas políticas, sociais e económicas da comarca para reinvindicar nunha fronte común a execución sen máis demoras das infraestructuras comprometidas.
A Mariña, 31 de maio de 2010.- “Decepciónante e baleira de contido”, así cualifican os populares da Mariña a visita esta pasada fin de semana do ministro de Fomento, Jose Blanco. O PP constata que o dirixente socialista simplemente veu “de paseo” xa que non aproveitou a súa presenza para adquirir ningún compromiso coa comarca, todo iso pese as múltiples dúbidas que existen despois de que o Ministerio de Fomento, dentro do plan de recortes que está a desenvolver o Goberno central, anunciase a paralización durante como mínimo un ano de gran parte das obras públicas que está a cometer en toda España.
Os populares subliñan de xeito especial a negativa de Jose Blanco a explicar se aceptará as alegacións que distintos colectivos e concellos teñen presentado ao respecto do corredor da Costa, no seu tramo estatal, así como respecto do enorme atraso que acumula a execución administrativa desta infraestrutura, a diferencia do treito de competencia autonómica que xa está en obras, na provincia de Lugo (entre Celeiro e San Ciprián)
No PP da Mariña tamén existe inquietude ao respecto da execución da autovía Transcantábrica (A-8) pois ás dificultades que se están atopando no desenvolvemento das obras hai que engadir o prexuízo que podería ocasionar un recorte nos fondos previstos.
Jose Blanco tampouco se pronuncio sobre a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Alcoa, cuxa viabilidade acredita un estudo encargado pola Xunta, nin sobre as múltiples e crecentes queixas dos mariñáns polo mal estado e pola falta de mantemento que presentan a maioría das estradas de titularidade estatal.
Nin a Mariña nin o resto de Lugo se poden permitir máis demoras sobre os retrasos xa acumulados na construcción de infraestructuras transcendentais para o seu desenvolvemento económico, máxime nos momentos de crise na que nos atopamos. A nosa provincia non debe pagar as consecuencias do desgoberno e malfacer de Rodríguez Zapatero”, engadiron os populares
.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



