Un día, mestres eu garabateaba un xarrón no meu obradoiro tratando de gañar o pan con o suor da miña frente , un amigo entrou coa pulseriña máxica do equilibrio no seu brazo dereito. Desde entón non deixei de atoparme coa estafa en cuestión. Vina na “teletonta” en bonecas de deportistas e de traballadores. Vinlla a camareiros, a cómicos, a xornalistas e a amas de casa, pero a culminación do esperpento chegou cando a descubrín na boneca do lehendakari bloguero Patxi López, e outros 2.600.000 españoliños de a pe según os datos consultados.
Todo isto levoume a preguntarme: fai falta ter coñecementos científicos para ver a estafa que representa semellante produto? É necesario acudir á universidade, fai falta escoitar as conferencias do TED ou ler a Stephen Jay Gould para saber que se trata dun engañabobos revestido de linguaxe pseudocientífico? E a resposta é un non tan obvio que doe. O único necesario é un mínimo sentido común, por certo dicía meu abó Xesus de Regal, que era o menos común dos sentidos.
Durante as últimas semanas preguntei aos portapulseriñas que coñezo o motivo para lucir semellante timo. A resposta coincidiu na maioría dos casos: “bo, nunca se sabe, se cadra funciona”. E cada vez que oio iso imaxínome a un enfermo terminal que acepta, desesperado, o último tratamento experimental. Que teño que perder? Logo de todo, xa estou morto. Trátase, xa que logo, dun acto de fe; a mesma sensación imprecisa que a outros lles leva a aceptar a vida como un val de bágoas deseñado por non se sabe que poder supremo.
O que non sabedes e que as pulseriñas máxicas son un detector de encefalogramas planos terminais, a demostración de que, no século XXI, calquera cousa envolvida en plástico pode adquirir o status de Novo Xesucristo. Eses anacos de goma son a última moda en iconografía idiotízante para a masa sen capacidade crítica. Esas pulseiras, igual que os crucifixos, deberían ser prohibidas nos colexios. E por certo, lehendakari, tamén nos parlamentos.
E despois de todo isto estou completamente de acordo. A pulseira é un detector de idiotas. Así un pódeos localizar rápido e saber a que aterse.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



