CERVO .- A ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, visitou en Cervo zonas afectadas polas inundacións da pasada semana e o alcalde, Alfonso Villares, solicitoulle o arranxo das distintas infraestruturas de titularidade estatal que se viron afectadas polo temporal. Villares confiou en que proposta feita polo presidente da Xunta de crear un mecanismo de coordinación entre as administracións estatais, provinciais e autonómicas para paliar os danos causados polas chuvias “non caia en saco roto”
Nota de Prensa
VILLARES SOLICITOULLE Á MINISTRA ESPINOSA O ARRANXO DAS INFRAESTRUTURAS DO ESTADO AFECTADAS POLAS CHOIVAS EN CERVO
* O alcalde cervense confiou en que a proposta feita onte polo presidente da Xunta de crear un mecanismo de coordinación entre as administracións para paliar os danos “non caia en saco roto”
Cervo, 17 de xullo de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, aproveitou a visita que fixo ao concello a ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, para solicitarlle o arranxo das distintas infraestruturas de titularidade estatal que se atopan no municipio e que se viron afectadas polo temporal de chuvia da semana pasada.
Espinosa e Villares visitaron a praia de Rueta, areal que sufriu o desmoroamento dos seus accesos “e polo tanto é unha obra que necesitamos se faga coa máxima urxencia, sobre todo tendo en conta que estamos a menos de dúas semanas de que se inicie a temporada de verán” dixo Villares. O alcalde tamén lle solicitou á representante do Goberno central que desde Madrid se acometan as medidas necesarias para corrixir os posibles erros de deseño no proxecto de melloras da estrada nacional 642 ao seu paso polo municipio “e cuxas obras foron en parte as causantes de que unha casa e un local de hostalería foran asolagados polas augas da semana pasada”.
Ao marxe destas peticións, Alfonso Villares valorou positivamente a presencia da ministra en Cervo. Do mesmo xeito que fixo no día de onte durante a visita do presidente da Xunta, o rexedor cervense solicitou da responsable de Medio Ambiente “todo o apoio de tódalas administracións para que este concello e esta comarca poda volver á normalidade canto antes” e confiou en que Espinosa dia a coñecer as previsións de axudas económicas que ten previsto habilitar o Goberno do Estado “do mesmo xeito que fixo onte o presidente Feijoó”.
Por último, Villares confiou en que a proposta feita onte polo presidente da Xunta de crear un mecanismo de coordinación entre as administracións estatais, provinciais e autonómicas para paliar os danos causados polas chuvias “non caia en saco roto” e se poda materializar canto antes “porque se o que queremos é conseguir voltar á normalidade no menor tempo posible é imprescindible que todos os actores implicados remen na mesma dirección” indicou.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



