Nota de Prensa
O BNG DEFENDE O CARÁCTER PÚBLICO NA XESTIÓN DOS PARQUES DE BOMBEIROS COMARCAIS
O grupo provincial do BNG considera que non se poden privatizar directamente estes servizos e si camiñar cara un modelo equilibrado de empresa cuxa xestión estea controlada polas institucións públicas
Antón Bao, representante do BNG no Consorcio do Servizo contra Incendios, defendeu o sistema de xestión público que integre ás diferentes institucións implicadas (Xunta, Deputación e Concellos) nun sistema de empresa pública
Lugo, 25 de xuño de 2010. O grupo provincial do BNG, a través de Antón Bao, vicepresidente da Deputación e representante do BNG no Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incencios e Salvamento, manifestouse ao participar na xuntanza do Pleno do Consorcio desta mañá en contra dun sistema de xestión privado no parque de bombeiros provincial e defendeu que “os servizos de emerxencia deben estar suxeitos a modelos de xestión que garantan o carácter público do servizo e a unificación do mando e das condicións de traballo”. Neste sentido, Antón Bao, defendeu o sistema de xestión público que integre ás diferentes institucións implicadas (Xunta de Galiza, Deputación de Lugo e Concellos) nun sistema de empresa pública.
Segundo explicou Antón Bao, “a aposta pola privatización, mercantilización e desmantelamento de todo tipo de servizos públicos que está a levar a cabo da Xunta de Galiza do PP implica diminuír a calidade do servizo e precarizar e reducir o emprego”. Antón Bao lembrou que o “cambio de filosofía deste proxecto de parques de bombeiros para Lugo responde unicamente aos intereses da nova Xunta de Galiza con Feijóo á fronte, que impuxo a modificación dos anteriores estatutos do Consorcio asinados polo bipartito e que camiñaban na dirección totalmente contraria, é dicir, na defensa dun servizo público contra incendios e salvamento que responda á salvagarda da cidadanía e non a intereses de beneficio empresarial”. Antón Bao expresou que desde o BNG “consideramos importante a apertura o máis axiña posíbel dos parques comarcais de bombeiros, seguindo o modelo que defendemos”.
Antón Bao afirmou que “a dinámica da empresa privada pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta do rebaixe da calidade do servizo da redución do persoal, de baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral dos seus traballadores e traballadoras”, polo que se reafirmou en que “o BNG sempre defendeu o público fronte ao privado á hora de aplicar a xestión directa dos servizos de emerxencias ou, como neste caso, asegurar un modelo de empresa pública participada polas administracións que sexa viábel mais que en todo momento garanta unha xestión plenamente pública dos seus recursos, garantindo tamén os dereitos e condicións laborais dos traballadores e traballadoras, nun momento de crise no que necesitan toda a protección posíbel nos seus empregos”.
Por esta razón, desde o BNG a través de Antón Bao, defendeuse que o modelo ideal a seguir para a prestación e xestión dos servizos de emerxencias e salvamento tería que integrar de xeito equilibrado á parte pública (as diferentes administracións) e a participación privada, estabelecendo unha empresa pública para xestionar os servizos onde en todo momento prevaleza a capacidade de control público para que continúen a ser servizos de calidade. Segundo Bao afirmou, “é a única maneira de garantir que non se reduza o emprego e empeoren os servizos prestados, xa que deste xeito evítase que ese traballo sexa realizado mediante empresas privadas subcontratadas que procuraren abaratar custes para obter o maior beneficio posíbel en detrimento do servizo e precarizando as condicións laborais”.

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



