Nota de Prensa
A luz dos resultados a posición do rexedor quedou moi debilitada pois non foron cribles os argumentos empregados sobre o desmantelamento dos servizos sanitarios na comarca
O PP CONSTATA QUE OS VECIÑOS “NON FAN CASO AO ALCALDE” TRAS NON SECUNDAR OS CHAMAMENTOS PARA PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN DA PLATAFORMA SANITARIA
* A belixerancia e furor reivindicativo de García Rivera vai en función do partido que Goberne a Xunta.
* “Será un Executivo do PP o que dote a Foz da ambulancia medicalizada que lle negou o bipartito”
Foz, 29 de xuño de 2010.- O Partido Popular, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de salientar que os veciños de Foz na súa maioría non fixeron caso ao Alcalde, José María García Rivera, tras non secundar, pese aos continuos chamamentos para facelo, a manifestación da plataforma sanitaria que tivo lugar o pasado sábado en Burela
Á luz dos resultados da manifestación -que non foi capaz de encher a céntrica praza da Mariña deste concello veciño, pese a habilitar autobuses procedentes de distintas comarcas de fóra da Mariña, os populares cren que a posición do rexedor municipal quedou moi debilitada, posto que se demostrou que non foron cribles os argumentos sobre o desmantelamento dos servizos sanitarios na comarca empregados polo mandatario de Foz Sr. Rivera.
“Os veciños de Foz si algo teñen claro é a falta de credibilidade do Alcalde en temas sanitarios, que se amosa máis ou menos belixerante e ten máis ou menos furor reivindicativo en función do partido que estea na Xunta”. Consideran ademais especialmente grave que un cargo público sexa capaz de facer afirmacións sobre a perda de servizos do hospital “que non se sustentan en ningún dato obxectivo e que tan só está no imaxinario e no argumentario do PSOE”.
Os populares finalmente, salientan que os compromisos do PP en materia de Sanidade son certos e fiables, e así adiantan que en breve será un Goberno do PP o que dote por fin ao centro de saúde de Foz da prometida ambulancia medicalizada que o bipartito lles negou durante toda a pasada lexislatura,e coa que no último pleno o Sr. Rivera ironizaba dicindo que o P.P. sempre poñía o carro diante dos bois e que o crería cando a vira no centro de saúde.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



