Nota de Prensa
Santalices Vieira, Balseiro Orol e López Rodríguez constatan que a única vontade das antigas forzas do bipartito é seguir enganando aos veciños das súas comarcas con falsos augurios nun tema tan serio como é o que afecta á saúde das persoas
O GRUPO POPULAR CONSTATA QUE A PSOE E BNG TAN SÓ LLES INTERESA XERAR FALSAS POLÉMICAS TRAS REXEITAR UN ACORDO DE CONSENSO NO QUE SE INSISTÍA NA AUTONOMÍA E REFORZO DAS ÁREAS SANITARIAS DA MARIÑA, O BARCO, MONFORTE E O SALNÉS
* A proposta do PPdeG buscaba que, sen necesidade de alterar o mapa sanitario tal e como pretendía o bipartito, o xerente de cada unha das áreas integrará baixo as súas responsabilidades e competencias ademais dos hospitais a xestión dos centros de saúde e da atención sociosanitaria, así como reforzará a autonomía dos xerentes destas áreas que dependerían directamente da Conselleira de Sanidade e da xerente do Sergas
Santiago, 23 de xuño de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular vén de constatar no pleno de hoxe que tanto a PSOE como BNG só lles interese xerar falsas polémicas sobre sanidade tras rexeitar unha proposta de acordo presentada polos populares na que se insistía en garantir a autonomía e reforzo das áreas sanitarias da Mariña, O Barco, Monforte e O Salnés. Os deputados Miguel Santalices Vieira, Jose Manuel Balseiro Orol e Dámaso López Rodríguez insisten en que a única vontade das antigas forzas do bipartito é seguir enganando aos veciños das súas comarcas con falsos augurios sobre o desmantelamento dos hospitais, falsear datos e manipular informacións nun ámbito tan sensible como é o que afecta á saúde das persoas.
Co obxecto de pechar a polémica o Grupo Popular ofreceu ao resto das formacións políticas consensuar un acordo no que, sen necesidade de alterar o mapa sanitario -tal e como pretendía a iniciativa do BNG- o futuro xerente de cada unha destas áreas integrara baixo as súas competencias a xestión dos centros de saúde e da atención sociosanitaria –que antes dependían dunha xerencia provincial-, isto é, ampliara as competencias que na actualidade ten que se cinguen exclusivamente aos hospitais. Ao mesmo tempo, os populares buscaban que o acordo final garantira a plena autonomía dos xerentes destas áreas que, segundo expresaba o acordo proposto, dependerían directamente da Conselleira de Sanidade e da xerente do Sergas.
Nada disto valeu a PSOE e BNG que unha vez máis rexeitaron esta proposta “o que demostra que non teñen ningún interese en garantir a autonomía e reforzo dos servizos sanitarios nin na Mariña, nin no Barco, nin en Monforte, nin no Salnés. Tan só buscan continuar a polémica, introducir dúbidas na xente, incluso chegando a facer afirmacións tan ridículas como que Sanidade prevé desmantelar os hospitais comarcais”.
CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE
Desde o Grupo Parlamentario Popular os deputados quixeron facer un novo chamamento á responsabilidade dos partidos da oposición para que depoñan a súa actitude porque “non todo vale” na política, “e moito menos enganar aos veciños”. Insisten en que a única intención do Goberno galego -como os feitos demostrarán- é a de potenciar a sanidade comarcal, e reforzar servizos e especialidades que se prestan nos hospitais do SERGAS. “Todo o contrario –explican- do que afirman socialistas e nacionalistas”. Santalices, Balseiro e Lopez insisten en que de ter adquirido este acordo no Pleno do Parlamento “porían fin, remataría a polémica, pero a socialistas e nacionalistas o único que lles interesa é levar aos veciños a mobilizacións, e colocar pancartas, xerar tensión, aínda que sexa con mentiras.”


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



