NOTA DE PRENSA
O Partido Popular valora positivamente as accións da Xunta para paliar os danos causados polo temporal na Mariña
* Os senadores e deputados nacionais e autonómicos por Lugo analizaron hoxe os efectos da riada durante unha das súas periódicas reunións de traballo
* Amosaron a súa sorpresa pola ausencia na zona do ministro e deputado por Lugo José Blanco, quen, pese a prodigarse moito últimamente pola provincia, parece estar máis interesado en participar en festas e homenaxes que en solucionar os problemas do seus veciños nos que, ademais, o seu ministerio ten competencias
Lugo, a 17 de xuño de 2010.- Os senadores e deputados nacionais e autonómicos do Partido Popular mantiveron hoxe unha das súas periódicas xuntanzas de traballo para valorar temas de actualidade, o traballo desenvolvido nas respectivas cámaras de representantes e as actuacións a levar a cabo nas vindeiras semanas.
Un dos asuntos analizados polo miudo foi a incidencia das inundacións na comarca da Mariña da pasada semana. Os representantes populares valoraron moi positivamente as medidas adoptadas hoxe polo Consello da Xunta e anundicadas onte polo presidente da Xunta polas que se adica unha partida de preto de cinco millóns para a recuperación das infraestructuras de ámbito autonómico que resultaron danadas, así como varias liñas de axuda para compensar as perdas en vivendas, cultivos e establecementos industriais e comerciais.
Os populares consideran axeitada a resposta da Xunta e loan a implicación dos integrantes do Goberno galego no seguemento dos efectos das riadas dende o primeiro momento. Así, valoran o traballo e preocupación da Delegada Territorial e as visitas realizadas polos conselleiros de Presidencia e Medio Ambiente e Infraestructuras para interesarse in situ polos problemas xurdidos e incluso do propio Presidente da Xunta, que acudiu a zona para anunciar as medidas que se ían acometer de xeito inmediato para paliar os efectos das riadas.
Igualmente calificaron de positiva e axeitada a proposta formulada por Núñez Feijoo para que todas as administracións, provincial, autonómica e nacional, se coordinen nas tarefas que haberá que acometer para restablecer as infraestructuras e os servicios das zonas afectadas. Neste senso o Partido Popular anunciou a súa intención de presentar iniciativas neste senso na administración provincial e nos concellos afectados.
GOBERNO CENTRAL.-
Os representantes populares cuestionaron sin embargo o proceder do Goberno central, suliñando que ata hoxe ningún membro do seu gabinete se achegara ata a zona para, cando menos, solidarizarse cos veciños afectados.
Fixeron especial mención ó deputado por Lugo e titular de Fomento José Blanco que pese a prodigarse moito últimamente pola nosa provincia non atopara tempo para desprazarse á zona pese a que os efectos das riadas afectaron directamente a espacios e infraestructuras de competencia do seu ministerio, como a línea de FEVE e as praias ou mesmo para analizar a influencia negativa que poidera terse derivado das obras da A-8. Suliñan a este respecto que, dado o seu proceder, parece que Blanco está máis preocupado pola súa participación en festas, homenaxes e actos de partido (a fin de semana, de feito, participou nun en Santiago) que en acudir a solventar os problemas dos seus veciños.
Precisamente para interesarse polo operativo despregado polo Goberno e polas actuacións que levará a cabo os populares presentaron xa iniciativas no Congreso, ás que poderían sumarse outras no Senado.
DEPUTACIÓN.-
Tamén se referiron ás actuacións anunciadas pola Deputación e aínda que suliñaron que, dadas as circunstancias, toda a axuda é ben recibida, puntualizan que agardan que este apoio se concrete de mellor xeito que cando a comarca se viu golpeada polo Klaus.
Lembran neste senso que daquela non se adicaron cartos adicionais para paliar os desperfectos senón que se limitaron a subvencións xenéricas xa previstas pola área de cultura e deportes. Engaden que só 300.000 euros da partida que a Deputación anunciou que adicará a este menester irán a parar os municipios afectados.
Lamentan asimesmo as declaracións efectuadas pola vicepresidenta segunda Lara Méndez nas que rexeitaba apoiar dende a Deputación a colaboración entre administracións plantexada por Núñez Feijoo.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



