NOTA DE PRENSA:
O PP emplaza a Ricardo Varela a exercer o seu cargo e a tomar medidas contra o voceiro do seu partido en Lourenzá
Lugo, a 15 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo emplaza a Ricardo Varela, secretario provincial dos socialistas, a que dé a cara e tome medidas, en consonancia co seu cargo, co voceiro do seu partido en Lourenzá, Jorge García Crespo, ó que o fiscal pide tres anos e tres meses de prisión por un presunto delito de falsedade documental.
Os populares suliñan que, á vista dos últimos acontecementos, Varela sae a relucir en todas as presuntas corrupcións que están neste intre abertas, tanto no que atinxe á trama agraria como o que está a acontecer no concello de Castro de Rei e na Deputación de Lugo.
Insisten os populares en que, pese a requerirlle explicacións a este respecto, nada di nin cando el está implicado directamente nin cando afecta a súa formación política, ou sexa, dá a calada por resposta, ó igual que o seus compañeiros de partido José Ramón Gómez Besteiro e José Blanco, que prefiren mirar para outro lado na vez de facer as aclaracións pertinentes.
Entenden os populares que nestes casos o silencio non é a mellor opción porque delo pódese concluir que quen cala otorga, polo que instan a Varela a actuar sin demora.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



