O domingo, día 11, a piscina olímpica municipal de Lieiro acollerá as probas do X Campionato Galego de Apnea a partires das 9 da mañá. A competición servirá de homenaxe ao cervense Juan Carlos Ben Quelle, “Kai”, falecido hai uns meses e integrante da selección autonómica desta modalidade. A proba está organizada polo club de pesca submarina “Faro Roncadoira” e a concellería de Deportes do Concello de Cervo. As probas serán abertas ao público en xeral
Campionato galego de apnea na piscina municipal de Lieiro, en Cervo
Campionato galego de apnea na piscina municipal de Lieiro, en Cervo
Relacionado
-
Desde o 23 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 30 rapacxs de entre 6 e 19 anos, participaron dous días á semana nun curso de pádel que se levou a cabo dentro da programación de verán ofertada polo Concello de Xove
-
Acto de clausura do curso 2024-25 da Escola Municipal Infantil de Cervo
-
Ambulancias Burela renova o patrocinio co CD Burela FS