A intervención busca mellorar a accesibilidade á zona dos Castros desde a rúa Rocha de Vélez, facilitando o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2025. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por un importe de 240.068,92 euros as obras de mellora da accesibilidade da rúa Rocha de Vélez, en Mondoñedo.
A actuación, cuxo contrato se vén de formalizar coa empresa Novavial S.L., enmárcase no Plan Hurbe, o programa impulsado polo Goberno galego para colaborar cos concellos no financiamento de diferentes actuacións urbanísticas, de xeito especial humanizacións e mellora de espazos e equipamentos públicos.
En concreto, a intervención que se vai executar sitúase na delimitación do Plan especial de protección e reforma interior da vila de Mondoñedo, na zona dos Castros, e ten como obxectivo mellorar a accesibilidade á esta contorna desde a rúa Rocha de Vélez, a fin de permitir o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura, e revisando as aliñacións de muros parcialmente derrubados preto da antiga N-634. Ademais, a intervención inclúe o soterrado das instalacións de alumeado público, baixa tensión e telecomunicacións.
A rúa Rocha de Vélez forma parte tamén do ámbito da Área Rexurbe de Mondoñedo, a primeira declarada en Galicia no ano 2020, e que comprende o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro e San Roque e parte alta da estrada dos Remedios).
De acordo ao convenio do Plan Hurbe asinado para esta intervención, a Xunta financiará nun 70% do orzamento, mentres que o Concello de Mondoñedo achegará o 30% restante e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
A través de liñas de colaboración cos concellos como o Plan Hurbe, o departamento que dirixe María Martínez Allegue contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización ao converterse en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



