CERVO .- A responsable de Medio Ambiente do concello de Cervo, Pilar Armada, arremete contra o anterior goberno galego e contra a vicepresidenta primeira da Deputación, Lara Méndez, para xustificar as razóns polas cales a praia do Torno non acadou a Bandeira Azul e non ten a certificación de calidade promovida pola Deputación. De seguido, a concelleira cervense explica que as analísticas das augas do Torno coincidiron coa época das inundacións e co inicio das obras de saneamento en San Ciprián “e os seus resultados amosaron que eran aptas para o baño, aínda que non excelentes”, requisito necesario para acadar a Bandeira Azul.
NOTA DE PRENSA
Nota de Prensa
ARMADA CREE QUE AS DECLARACIÓNS DE MÉNDEZ ASEGURANDO QUE O TORNO ACADARÍA A CERTIFICACIÓN DE CALIDADE PROMOVIDA POLA DEPUTACIÓN DEIXAN EN EVIDENCIA A RIGUROSIDADE DO PROXECTO AMBIENTAL DO ORGANISMO PROVINCIAL
* Dubidou do interese da Deputación en colaborar cos concellos para por en valor os areais do litoral lucense e lembrou que os actuais responsables provinciais levan denegándolle a Cervo a cesión dunha pala motoniveladora para adecentar os areais do termo municipal
Cervo, 3 de xullo de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, sinalou no día de hoxe que a voceira socialista e vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, “quedou unha vez máis en evidencia” coas súas criticas contra o grupo de Goberno municipal pola súa decisión de non adherirse ao programa de certificacións de calidade de praias promovido polo ente provincial.
“As súas declaracións son dun cinismo político que tira para atrás”, asegurou Armada. Para a responsable local de Medio Ambiente, as afirmacións de Méndez criticando e achacándolle toda a responsabilidade ao Concello pola perda este ano da Bandeira Azul na praia do Torno, e a renglón seguido afirmar “sen ruborizarse o máis mínimo” que se o Concello quixera este areal podería ter a certificación de calidade “aclaran e deixan ao descuberto a rigorosidade e fiabilidade deste tipo de distintivos promovidos pola Deputación”.
Para Armada, o “malabarismo dialéctico” da voceira socialista é do máis incongruente e recalcou que “se este ano a praia do Torno non foi merecedora do galardón outorgado por ADEAC “unha organización independente a nivel europeo”, dificilmente podería optar a unha certificación de calidade rigorosa, aínda que a señora Méndez asegure o contrario “e esas palabras déixana en evidencia e poñen de manifesto o ridículo deste proxecto de calidade ambiental”.
Rescisión do contrato
A edila cervense lembrou que a única razón pola cal este ano a praia do Torno non acadou a Bandeira Azul é a decisión dos responsables da Xunta bipartita de rescindir nada máis chegar ao Goberno galego o contrato do proxecto inicial de saneamento de San Ciprián. “Preferiron gastar case 400.000 euros en rescindir ese contrato antes de darlle a San Ciprián un investimento de seis millóns de euros, e por iso, os veciños tiveron que esperar ata agora para que a obra puidera saír por fin adiante, porque si é por eles, San Ciprián aínda non tería saneamento. E todo co único obxectivo de prexudicar ao Goberno local, pero sen darse conta de que os únicos damnificados en todo isto foron os veciños desta vila”.
Armada recoñeceu que as analísticas das augas tomadas no mes de setembro neste areal polos responsables de avaliar a concesión do galardón de Bandeira Azul coincidiron coa época das inundacións sufridas na vila e co inicio das obras de saneamento en San Ciprián “e os seus resultados amosaron que eran aptas para o baño, aínda que non excelentes”, requisito necesario para acadar a Bandeira Azul.
Nula colaboración
A responsable de Medio Ambiente tamén sinalou que as dúbidas apuntadas por eles no mes de xaneiro cando o presidente da Deputación veu á Mariña a presentar este proxecto, confírmanse como verdadeiras coas palabras da vicepresidenta Méndez. Recordou tamén que a proposta do ente provincial limitábase a financiar os custes iniciais para acadar estas certificacións de calidade, pero non asumía o financiamento das posteriores auditorías ás que terán que enfrontarse anualmente os concellos se queren renovar estes distintivos e que viría a supoñer un custe entre 5.000 ou 6.000 euros en cada un dos casos; ou incluso máis, dependendo do número de praias que se tivera que auditar. “Despois de escoitar á señora Méndez, danos a sensación de que esta certificación acadase previo pago deses cartos” recalcou Armada.
Por último, Pilar Armada dubidou do interese que asegura Lara Mérndez ten a Deputación de Lugo en colaborar cos concellos da Mariña para por en valor os areais do litoral lucense e apoiou as súas manifestacións lembrando que os actuais responsables provinciais levan denegándolle ao concello a cesión dunha pala motoniveladora para adecentar os areais do termo municipal nas datas previas ao verán dende que accederon ao poder na Deputación. “Levamos varios anos solicitándolles por escrito a utilización desta maquinaria, igual que o facíamos cos anteriores responsables provinciais, pero dende que accederon ao poder nunca nos contestaron. Tan só se limitaron a utilizar de xeito covarde o silencio administrativo para denegarnos a cesión por un par de días dunha maquinaria que é propiedade do parque provincial e que debería estar ao servizo de tódolos concellos da provincia sen excepción”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



