Toda celebración entrañable ten un compoñente de saudade que fai que a festa se viva con sabor agredoce, ó mesturarse a ledicia do acontecemento cos sentimentos que afloran marcados, sobre todo, por irreparables e dorosas ausencias: diso saben moito as xentes dos nosos pobos de mar, onde tantos homes perderon a vida e dos que moitos nen sequera se recuperaron os corpos.. As características propias da actividade mariñeira e o alto risco da mesma e, polo tanto, as tráxicas vivencias ó longo dos tempos, fan que as festas do Carme resulten emotivas e nostálxicas. O mar de Foz rexistra como a súa maior traxedia a acontecida ó remate das festas do Carme de 1945 cando o “Jesús Nazareno”, que voltaba a faenar á captura do bonito, naufragou e pereceron os seus doce tripulantes. O escritor e xornalista, don Xosé Trapero Pardo publicaba en El Progreso, o día 20, un reportaxe que comezaba así: “El bello pueblecito costero, al que defienden de los embates del mar los islotes y acantilados del Campo de Ramos y la avanzadilla de la Pena do Escairo, vivió una vez más horas de tragedia, porque el Cantábrico, que en vano intenta cerrar el paso a los marineros de Foz con el peligro perenne, pero siempre nuevo, de la “barra”, se cobró su tributo, millas adentro, en horas angustiosas de galerna. Y el mar, guardador celoso de tantos secretos trágicos, guarda hoy el de la desaparición de la embarcación. En el Campo de Foz – cuadrilátero que agrupa las viviendas de los pescadores – se esperó en vano el retorno de la lancha y de sus hombres. Pero el “Jesús Nazareno” no podía ver ya los guiños de los faros de Tapia, Vares, San Ciprián, Ribadeo. Y hubo en el pueblecito pesquero llanto en los ojos y duelo en las almas…“ Foz quedou, naqueles tempos miserentos, asolagado de tristeza. Por moitos anos a traxedia, coa morte de doce focegos populares e queridos, que deixaban unha longa ristra de viuvas, fillos, noivas, familiares e amigos, pesou como unha lousa na nosa sociedade. Hai do sucedido xusto 65 anos. Unha rúa, pretiño da “Riveira”, perpetúa o recordo. Felices festas do Carme.
Suso Fernández

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



