RIBADEO (FNC) .- O pleno aprobou por unanimidade a cesión gratuita con carácter transitorio e temporal dun local a ACISA/CCA na Casa do Viejo Pancho. BNG e PP votaron a favor da reducción do soldo do alcalde nun 6% e PSOE e BNG aprobaron unha moción do equipo de goberno sobre o impulso á sanidade na Mariña desenvolvendo o Plan Mellora. Fernando Suárez criticou a defensa belixerante efectuada por UPRI sobre a política sanitaria da Xunta.
O rexedor manifestou que “neste pleno ordinario todas as propostas foron adiante cunha amplísima maioría ou por unanimidade, pero sí que houbo cuestións curiosas e que dan para pensar. Estou satisfeito pola aprobación inicial dos estatutos de conservación da entidade urbanística do parque empresarial de Ribadeo. Por certo nos próximos días serán entregadas as obras por parte da empresa FCC a Sepes e con esto estamos dando pasos definitivos para ver xa funcionando as empresas en pouco tempo nese ámbito industrial”.
Suárez Barcia relatou que “tamén foi aprobada por unanimidade a cesión con carácter transitorio e temporal dun local na Casa do Viejo Pancho á Asociación de Comerciantes de Ribadeo. Alí están na actualidade as dependencias de Cultura e ambos compartirán instalacións. ACISA/CCA darálle un mellor servizo aos asociados por estaren mais céntricos e mais accesibles, entendo que tamén aforrarán un diñeiro porque o Concello non lles cobrará renda, o único que terán que pagar serán os gastos de teléfono e parécenme moi importantes estas estratexias de colaboración co sector mais potente que ten Ribadeo que é o comercial. Desde o Concello, na medida das nosas posibilidades e tendo en conta que os recursos non son moitos, pero moitas veces traballando en conxunto se poden facer cousas importantes coma ésta. O Concello ampliará o horario de atención ao público da Casa do Viejo Pancho e a Asociación de Comerciantes contará cun local sen custe algún para eles”.
Na sesión plenaria de onte quedou aprobada a proposta da alcaldía relativa ao mantemento do bacharelato de adultos con carácter presencial no IES Dionisio Gamallo Fierros. O alcalde sinalou que “contou lamentablemente cos votos en contra do PP, nós non compartimos os seus argumentos, pero o resto dos grupos votaron a favor dela. Entendemos que a Xunta non debe facer oídos xordos ao que unha grande maioría de concelleiros da Corporación municipal lle está indicando xa que a situación de Ribadeo non é como a Xunta di noutros concellos aos que só van poucas persoas. Éste non é noso caso e ademais está a aumentar o número de persoas que queren recibir bacharelato presencial polo tanto non é o momento de sacar servizos de Ribadeo e a cambio os que queiran recibir esta ensinanza teñan que desprazarse a Lugo. A situación de crise non debe supeditarse ao recortes en pilares básicos como poden ser a educación ou a sanidade”.
Sanidade primaria na Mariña
PSOE e BNG deron o seu apoio á moción presentada polo equipo de goberno sobre o impulso á sanidade primaria na Mariña desenvolvendo o Plan Mellora “da anterior Xunta que se levou adiante cos sindicatos da sanidade de cara a dar mais servizos aos centros de atención primaria para tentar desbloquear os comarcais. Contou cos votos a favor este punto de PSOE e de BNG e cos votos en contra de PP e de UPRI. Non compartimos os argumentos que deu o portavoz do PP, que ainda que son respectables se sitúan nas antípodas do que nós pensamos que se debe facer coa sanidade pública. Dentro da corrección mantivemos un debate cortés, cordial discrepando no fondo e na forma, pero o que me chocou moitísimo foi a actitude que tivo o portavoz de UPRI, o señor Rivas”.
A Fernando Suárez dalle “a sensación de que se vislumbran ventos de cambio en UPRI, como él que era o adalid do localismo por vocación da súa formación política, sempre dicía que apoiaría as cuestións trascendentes e de interese para os veciños do Concello con independencia de que partido os propuxera e sen embargo a súa belixerancia en contra desta moción e a favor da defensa sen fisuras da política sanitaria da Xunta non tivo parangón, incluso cun discurso moito mais duro e mais forte que o do portavoz do PP. Cómo se nota que andan no seu grupo ou na súa persoa ventos de cambio, e aquí o único que nós falabamos non eran debates filosóficos, baleiros nin distantes, falabamos de cousas que lle afectan aos nosos veciños, que o centro de atención primaria de Ribadeo poida ter un retinógrafo, que ningún médico atenda a mais de 1.250 cartillas, que por cada facultativo teñamos un ATS, etc, etc… O rexedor non sabe “si o señor Rivas xa está facendo méritos para que esta certa rumoroloxía que circula por Ribadeo de que vai a ser absorbido por unha formación política mais grande terá que plegarse aos designios e criterios dela por enriba da defensa dos intereses dos veciños de Ribadeo que era o que sempre él argumentaba. É unha circunstancia curiosa, digna de analizar e de ver polo miudo como se van desenvolvendo os feitos nos próximos tempos”.
Rebaixa do soldo do alcalde
O pleno aprobou unha proposta sobre a reducción das retribucións brutas da alcaldía-presidencia segundo a recomendación do comité executivo da Federación Española de Municipios e Provincias. O rexedor explicou que “a proposta de rebaixa do soldo do alcalde foi dun 6% que era o que lle correspondía, seguindo esas directrices. Esto contou cos votos a favor do BNG e do PP, e abstivéronse UPRI e o PSOE argumentando eles que non era a maneira de reducir o déficit do Concello de Ribadeo. Sorpréndome tamén porque hai veces que para algúns membros da Corporación nada do que faga o alcalde está ben, si ao alcalde non se lle ocurrise propoñer a rebaixa do soldo poñeríano a caer dun guindo argumentando que aos funcionarios se lles baixa o soldo e a alcalde non, e como o alcalde se propón a rebaixa do soldo tamén o cuestionan dicindo que eso non é a maneira, que iso non vai a ningún lado e que o único que fai é demagoxia. Eu sei que a moitos membros da Corporación non lles gusta este alcalde, pero é que a min non me puxeron eles senón os veciños de Ribadeo e dentro de menos dun ano os propios veciños decidirán onde nos poñen a cada un de nós. Sorpréndeme que si facemos porque facemos e senon facemos porque deixamos de facer”.



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



