NOTA DE PRENSA
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular mantivo unha xuntanza con Jose Manuel Álvarez Campana
BALSEIRO INTERÉSASE ANTE O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA POR DISTINTAS ACTUACIÓNS DE RELEVANCIA QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NA NOSA COMARCA
* Salientou o importante potencial turístico, cultural e en materia de emprego que implica a construción da goleta en San Ciprián, así como outra serie de melloras neste porto.
* Agradeceu “especial sensibilidade” que manifesta a Consellería do Mar e o ente público autonómico coa comarca onde achega importantes investimentos moi demandados nas distintas localidades pesqueiras.
A Mariña lucense, 24 de xullo de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, mantivo unha xuntanza co Presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana na que se interesou por distintas actuacións de relevancia que se están a desenvolver na nosa comarca. Abordaron desde os investimentos previstos en apoio do peirao de Mirasol, ata distintas actuacións nos peiraos de Burela, Celeiro, O Vicedo, Xove e Foz sen esquecer unha análise moi especial tras o acontecido co incendio de parte das instalacións da lonxa de Armadores de Burela S.A. e a consecuente xestión dos residuos que alí se xeraron.
Balseiro Orol quixo agradecer o que cualificou como “especial sensibilidade” que manifesta o ente público autonómico e a Consellería do Mar coa comarca mariñá onde non so se teñen executado e comprometido importantes actuacións, senón que tamén se están a executar pequenas actuacións que son moi demandadas polas xentes do mar das distintas localidades pesqueiras e que ata o momento non foron atendidas.
O voceiro popular fixo unha mención especial á construción da réplica dunha Goleta, encargada por Portos de Galicia, e que se desenvolverá na localidade de San Ciprián. Balseiro indicou que a través desta actuación ademais de contribuír a consolidar os postos de traballo vinculados á carpintería de ribeira, se vai a crear un polo de atracción turística. Nesta liña explicou que a intención de Portos e que os traballos de construción desta embarcación se executen na explanada do peirao desta localidade cervense, habilitando polo tanto un espazo que será visitable en todo momento. Aqueles turistas e veciños que se acheguen para observar estes excepcionais e artesanais traballos poderán tamén visitar o resto do pobo e gozar das súas praias, restaurantes e establecementos hostaleiros.
GOLETA LICITADA RECENTEMENTE
Balseiro tamén indicou que a costrución da reprodución dunha goleta de carga so século XIX xa está licitado, cun orzamento base de licitación é duns 1,6 millóns de euros, e un prazo de execución de 36 meses. Constituirá ademais un referente dentro da náutica-tradicional en Galicia –Portos tan só construe dous embarcacións en toda Galicia-. En definitiva se trata de “xerar riqueza, grazas á cultura do mar, e facelo na Mariña lucense, en San Ciprián”-concluíu.
PORTO DEPORTIVO
Jose Manuel Balseiro Orol, quen tamén é concelleiro do Grupo de Goberno municipal de Cervo, non puido deixar de significar outras actuacións que Portos de Galicia está a executar ou executará nesta localidade. Nesa liña indicou que na súa xuntanza con Álvarez Campana, este lle confirmou que xa se teñen encargado os estudos previos para a creación dun porto deportivo e para embarcacións recreativas e tradicionais en San Ciprián. Se espera que os devanditos estudos estean finalizados antes de rematar o ano, mais xa adianta que as perspectivas son moi positivas polo que, con total probabilidade, poderá consignarse unha partida orzamentaria para levar adiante esta nova dotación nos orzamentos de 2011.
NOVOS LOCAIS NO PEIRAO
Finalmente, Balseiro explicou que Álvarez Campana tamén lle deu conta da finalización das obras nos novos locais portuarios que o ente público puxo a disposición do Club Náutico e da asociación Mar de San Ciprián. Tanto a súa habilitación como os traballos de acondicionamento xa remataron polo que é previsible que sexan ocupados en breve. Balseiro non quixo deixar de salientar finalmente que foi o organismo que dirixe Álvarez Campana quen fixo realidade “unha vella reivindicación dos homes e mulleres do mar deste pobo”, grazas á dotación dunha marquesina ao carón da antiga lonxa.



















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



