LUGO .- A Dirección Xeral de Patrimonio resolveu que os restos achados do castro de Punta Atalaia, no concello de Cervo, deben ser conservados in situ debido ao seu valor arqueolóxico e histórico. Patrimonio entende que os valores do asentamento o fan merecedor de ser conservado como ben integrante do Patrimonio Cultural de Galicia, sometido ao réxime de protección establecido na lei que regula este tipo de bens –Lei 8/95, de 30 de outubro
Nota de Prensa
A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO ACORDA A CONSERVACIÓN IN SITU DOS RESTOS DO CASTRO DE PUNTA ATALAIA, NO CONCELLO DE CERVO
* Dos estudos realizados despréndese que podería tratarse dun dos asentamentos antigos de meirandes dimensións da Mariña lucense
Lugo, 16 de xullo de 2010.- A Dirección Xeral de Patrimonio resolveu que os restos achados do castro de Punta Atalaia, no concello de Cervo, deben ser conservados in situ debido ao seu valor arqueolóxico e histórico.
A Dirección Xeral estima que pode tratarse dun dos asentamentos de meirandes dimensións da Mariña lucense, que se estende cara ao mar, cara a terreos de dominio público marítimo terrestre, polo que podería dar lugar a un gran proxecto arqueolóxico.
Os restos exhumados evidencian unha complexidade urbanística froito dunha longa e continuada ocupación e transformación deste espazo, que está na orixe da vila de San Cibrao. Na súa orixe é adscribible ao período galaico-romano, no cambio de era e primeiros séculos despois de Cristo, á que se superpoñen estruturas medievais.
Os estudos realizados destacan a extensión, densidade e variedade das estruturas arqueolóxicas documentadas, pero tamén a recuperación de abundantes materiais nobres, vitais para a interpretación do xacemento, evidenciando a súa vinculación coas actividades marítimo-pesqueiras e o comercio, testemuñado pola abundancia de restos cerámicos de importación.
En definitiva, a Dirección Xeral de Patrimonio entende que os valores do asentamento o fan merecedor de ser conservado como ben integrante do Patrimonio Cultural de Galicia, sometido ao réxime de protección establecido na lei que regula este tipo de bens –Lei 8/95, de 30 de outubro-.
A conservación dos restos é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban sobre esta área. Foron estas actuacións, en concreto a construción dun edificio na zona, as que nun primeiro momento confirmaron a existencia de restos arqueolóxicos, e conduciron a unha prospección máis en profundidade das zonas que aínda non se viran afectadas.
Realizáronse escavacións en área na case totalidade da superficie que ocuparían as vivendas aínda non executadas, evidenciando a importancia dos achados e obrigando, polo tanto, á adopción de solucións protectoras para os restos.
























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



