Nota de Prensa
O GPPP asegura que a día de hoxe a Deputación non fixo o desbroce da rede viaria provincial
* González Barcia: “Besteiro castiga ós concellos que non lle entran polo aro”.
* Os populares piden que a Deputación axilice os traballos por cuestión de seguridade.
Venres, 20 de agosto de 2010: O GPPP asegurou que “a día de hoxe a Deputación bipartita ainda non fixo o correspondente desbroce da rede viaria provincial naqueles termos municipais nos que lle corresponde, e que son once en toda a provincia, porque os concellos correspondentes non asinaron o convenio proposto polo organismo provincial.”
Desde o GPPP pídenlle á Deputación que “axilice os traballos por elementais cuestións de seguridade, tanto no que se refire á propia seguridade vial de vehículos e transeúntes coma de cara a facer prevención contraincendios.”
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, afirmou que “só en tres deses once concellos comenzaron, pero non remataron, os traballos de desbroce da rede viaria provincial que lle corresponde á Deputación como titular da mesma. Nos restantes, nada de nada, a maleza prácticamente cruza as estradas provinciais, e mesmo algún concello tivo que facer os traballos con persoal propio, ante o máis ca evidente perigo que suponía a situación existente”.
Segundo Barcia, “esto demostra que a Deputación está a castigar deliberadamente ós concellos que non lle entraron polo aro de asinar o convenio de desbroce, ou que o bigoberno provincial é tan vago e carente de previsión que non se deu conta de que en once municipios era el precisamente o que tiña que facer tal desbroce”. O voceiro adxunto dos populares considera que “en calquera dos dous casos, ou coincidindo os dous xuntos, o que se demostra é una clara incapacidade para arranxar as cuestións do día a día, porque Besteiro está máis preocupado polas novas tecnoloxías e Bao está xa pensando en clave de concello”.
O deputado popular indicou tamén que “esta actuación é sectaria, porque discrimina ós concellos e pretende deixar en evidencia quenes asinan o convenio e quenes non; pero tamén é caciquil e clientelar, porque pretende que os concellos que non asinaron pasen polo aro, polas boas ou polas malas, atentando contra a autonomía municipal, principio básico no que se deben basear as relación entre a Deputación e os concellos”.
Barcia concluiu que o réxime da Deputación de Besteiro e Bao está máis próximo ó absolutismo ca unha práctica realmente democrática e de respecto institucional.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



