As praias da Mariña Lucense da Rapadoira e Arealonga acollen este fin de semana unha xornada lúdica que organiza a Xunta este verán para fomentar a reciclaxe nos areais galegos
Este ano, o proxecto introduce como novidade achegarse ata diferentes campamentos e realizaranse flash-mob, que consisten en actuacións sorpresa que terán lugar na praia e serán executadas por actores que realizarán un baile coordinado
Un total de 27 areais e praias fluviais de 12 concellos da provincia de Lugo acollerán estas actividades ata o 31 de agosto
O principal obxectivo do Plan de Recollida Selectiva é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos
Santiago, 20 de agosto de 2010.- As praias da Mariña lucense A Rapadoira, no Concello de Foz, e Arealonga, en Barreiros, acollerán este fin de semana -o sábado 21 no caso de Barreiros e o domingo 22 en Foz- unha nova xornada lúdica que organiza a Xunta este verán na provincia de Lugo para fomentar a reciclaxe nos areais e praias fluviais galegos. Estas xornadas lúdico-informativas teñen por obxectivo sensibilizar aos usuarios acerca da importancia de separar ben os residuos urbanos para a súa reciclaxe, promovendo o seu compromiso a través de actividades deportivas, lúdicas e informativas orientadas en funcións das idades dos visitantes.
Esta acción divulgativa forma parte das actividades enmarcadas dentro do Plan de Recollida Selectiva de residuos nas praias galegas, promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa colaboración de Sogama e Ecoembe.
O principal obxectivo deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos, xa non só nos seus fogares, tamén nas praias que frecuentan durante os meses estivais. Cómpre estender este hábito a novos escenarios como as praias fluviais, onde tamén se xeran cantidades importantes de residuos urbanos. Trátase de que os residuos xerados nas praias e constituídos maioritariamente por envases se recollan selectivamente para que teñan a xestión final máis axeitada.
Estas actividades nas praias desenvolveranse en horario de mañá (12 a 14 horas) e de tarde (16:30 a 18:30 horas) e contará cun equipo de tres monitores que se encargarán de informar do proxecto e dinamizar os xogos e actividades que se desenvolvan no areal, así como a entrega de material promocional (xogos de bolos, petanca, frisbies o gorras).
Neste senso, as campañas informativas que se desenvolverán nas praias ao longo de todo o día: pola mañá faranse xogos deportivos e entregarase material promocional, e pola tarde faranse xogos infantís relacionados co reciclaxe.
Novidades no 2010
Unha das novidades introducidas nas actividades deste ano é que estas campañas de concienciación tamén chegarán a diferentes campamentos xuvenís de verán. Trátase de actividades de carácter educativo, guiadas por monitores, que consistirán en xogos que motiven a participación dos mozos e faciliten a comprensión sobre a importancia do reciclaxe. Por último, realizaranse flash-mob, que consisten en actuacións sorpresa que terán lugar na praia e serán executadas por actores que realizarán un baile coordinado.
Un dos retos deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos, máis aló dos seus fogares. Esta campaña de concienciación medio ambiental estenderase a un total de 27 praias da provincia de Lugo ao longo deste verán de 12 concellos.
Plan de Recollida Selectiva
O departamento que dirixe Agustín Hernández sinala que mediante as medidas plantexadas no proxecto mellórase o servizo de recollida e dótase aos areais dos medios precisos para facilitar aos usuarios a súa implicación activa.
O plan de recollida permite evitar que unha porción importante de envases lixeiros se desvíe a un destino non desexable para estes, impulsando a reciclaxe e incrementando os ratios de recollida selectiva.
O proxecto conta coa implantación dunha novidade para este verán: a recollida selectiva de papel-cartón e vidro nalgunhas praias seleccionadas, a modo de experiencia piloto. En canto ao papel- cartón, 20 praias seleccionadas coa instalación dun contedor específico serigrafiado acorde á imaxe da campaña para a recollida destes materiais nos accesos aos areais. No que se refire a vidro, instalaranse contedores nos chiringuitos dunha serie de praias seleccionadas.


























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



