Non hai paraíso tan perdido que, ao final, non acabe descubrindoo todo quisque e asi combirtase en ese inferno multitudinario, caótico e ruidoso que se dá en chamar lugar vacacional
Para descansar e pasar os nosos dias de asueto e vacacions a todos gústannos os recunchos idílicos e solitarios, o que leva que, ao cabo, sendo tantos e non todos bobos, deixen de ser solitarios e idílicos e se masifiquen, perdendo o encanto primigenio.
De un en un, cada criatura humana pode resultar encantadora, pero, sumados uns a outros, convertémonos nese aterrador fenómeno social que é o mogollón, a barabunta, as masas que decia Ortega.
O mogollón rompe a harmonía silenciosa da Nai Natureza, sustituido por comandas de luras fritas e paellas, música de pachanga a todo decibel e charlas festivas a berros onde antes non houbo senón trinos de paxariños e o ritmo exacto das ondas. Ninguén se considera mogollón en si mesmo, pois levados por esa vaidade ególatra, tamén constante do xénero humano, tendemos a crer que, sendo cada cal a pera, o mogollón son os outros. Para nós os demais son “xente” e ata “chusma”, pero o mesmo pensan de nós os demais. Para nós “os outros” son os demais, mentres para os demais nós somos “os outros”.
E uns e outros arrastramos coa nosa demanda de lecer, ademais do corpo serrano, aliñacións de bares, restaurantes, hoteis, gasolineiras e comercios que dan en facer do outrora espazo recoleto, unha improvisada sucursal da urbe, ben embadurnada de cemento. A clase media, en gran parte a clase veraneante, aliada coas solícitas empresas inmobiliarias, acaba coa estética de calquera lugar a pouco que decida instalar alí a súa residencia de vacacións. Os veraneantes, tan apracibles e amables de un en un, en masa, deveñen nesas hordas ou xaurías que arramblan coa paz e a beleza do entorno.
Ninguén quere ser veraneante ou turista, que son termos tan vulgares como desprestixiados, pero temome que non hai outro nome para quen pasa as súas vacacións en tempada alta por imposición laboral. A diferenza entre o viaxeiro e o turista, dicía Paul Bowles, é que o turista sabe cando vai volver e o viaxeiro non.
Para ser viaxeiro fai falta ter moita pasta gansa ou non ter ningúnha nin falta que lle importe.
A pesares de todo o dito aquí ainda nos queda por aquí no norte algunha esperanza, a pesar dos persistentes intentos das codiciosas construtoras, raras praias de areas aínda inmaculadas e augas cristalinas, cuxa existencia, a día de hoxe é todo un prodixio. algunha aldeiña de pescadores, rios e fervenzas casi descoñecidas, paraxes perto da costa cheos de arbolado propio sin pinos nin eucaliptos.
Pero a mairia da nosa costa pasou a ser lugar de veraneo, con todas as súas consecuencias de formigueiro humano, oferta superabundante de restaurantes e bares ruidosos e abominables hoteis pseudo-luxosos, erixidos co mal gusto proverbial dos ricos do pelotazo.
Pero tal vez, haxa que perder un paraíso para atopar outro como só é lícito empezar outro capítulo da vida, cando outro acaba. Estrada adiante, sen demasiado rumbo nin expectativas á procura desesperada de aloxamento e posible alugar unha casiña con horta, árbores e sin caixeiros automáticos, e durmir do tirón, cando o soño enmudece as rúas, sobre as doce, mecidos polo ritmo exacto do ventiño de verán . Á mañanciña, andando pode un ir a cala de areas brancas e auga cristalina onde non existen os reloxos., mira o sol. E entón sabes que volviches a atopar o teu paraíso.
Otero Regal

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



