RIBADEO (FNC) .- Esta madrugada producíase unha rotura na traída xeral da auga en Ribadeo. Ocorría en Reme nas inmediacións do lugar no que descarrilou un tren de Feve hai uns días. Desde o equipo de goberno explican que “rompeu unha tubería de fibrocemento que ten máis de 30 anos. Os técnicos tentan localizar o lugar exacto e agardan reparar esta avaría nun prazo dunhas 24 horas”. E engaden que “coa auga acumulada nos depósitos e o pequeno aporte da traída de Lexoso non deberíamos ter grandes problemas. De todos os xeitos recomendámoslle á poboación que faga pequenos acopios de auga porque sí que pode haber perdas de presión nalgunhas zonas da vila”.
Técnicos do concello de Ribadeo tratan de reparar a rotura na traída xeral de auga
Técnicos do concello de Ribadeo tratan de reparar a rotura na traída xeral de auga
Relacionado
-
A FCAM convoca ao empresariado da Mariña a unha asemblea xeral este luns en Foz
-
DÍA 11: Persoal do Hospital da Mariña e doentes mobilízanse para reclamar unha sanidade pública de calidade e proximidade
-
O BNG de Ribadeo advirte que “as obras do Hospital Asilo deberían estar rematadas e aínda queda un 30 % por facer”