Nota de prensa:
O sábado 25 Riotorto acolle un recital de X. M. Álvarez Cáccamo, Cesáreo Sánchez,Xulio Valcárcel, Luísa Castro, Manuel Forcadela,
Xavier Seoane, Fernán Vello e Xavier Rodríguez Baixeras
A Xeración dos 80 xúntase despois de 20 anos nun recital na Festa da Cultura.
O sábado 25 de setembro a Festa da Cultura organizada por diferentes asociacións culturais da zona vai acoller unha feira do libro e do disco galego que se alongará até o domingo 26 e que a maiores de achegar aos veciños da comarca publicacións e música galega, vai recibir actividades de animación para os máis novos así como a presentación de libros e discos.
Neste sentido debemos destacar o domingo 26 a presenza de Magín Blanco co seu espectáculo musical para nenos a partir das 12.00h e de Anxo Moure con outra actividade de animación Biblo-Bici. Magín asinará tamén exemplares do seu libro disco A nena e o grilo.
Na xornada do sábado ás 17:00h presentarase o libro homenaxe a Xosé Chao Rego a cargo dun dos seus autores Bernardo García Cendán e de Marcos Maceira, coordinador do volume.
Ás 18:00 h Pilar García Negro presentará o seu ensaio Rosalía: o clamor da rebeldía, premio de ensaio da Fundación Vicente Risco. Ás 19:00h Ugia Pedreira presentará o seu disco poemario Noente paradise que recolle cancións e poemas da cantante mariñá.
Asemade o sábado 25 a partir das 22:00 h a praza das Rodrigas acollerá un recital poético que permitirá o reencontro da denominada Xeración dos 80 da que neste ano se cumpre o 25 aniversario. A Xeración dos 80 significa o máis importante pulo anovador da poesía galega dos últimos trinta anos, na medida que significa unha ruptura coa poesía social que impregnou a lírica galega desde a década dos 60 e a recuperación dun rexistro culto emparentado coa tradición literaria dos anos trinta. O recital poético vai representar un acontecemento único na medida que vai posibilitar coñecer de primeira man a obra deste grupo xeracional que se volve a xuntar após 20 anos.
Os poetas que participarán do recital son X. M. Álvarez Cáccamo, Cesáreo Sánchez, Xulio Valcárcel, Luísa Castro, Manuel Forcadela, Xavier Seoane, Miguel Anxo Fernán Vello e Xavier Rodríguez Baixeras. Algúns deles xa aparecen naquela primeira escolma editada sob o título De amor e desamor, asemade aparecen persoas ligadas ao grupo de Vigo e outras ao grupo de Coruña, así como xente que inaugurou este grupo como Fernán Vello ou Baixeras e os epígonos como Luísa Castro. Todos e cada un destes autores teñen escrito unha ampla obra literaria e dentro deles atópanse algunhas das voces máis potentes da nosa poética. Asemade o feito de que todos eles permanezan como autores en activo, o recital vai permitir coñecer a evolución da súa escrita, os elementos definitorios do grupo, que elementos fican daquela poesía dos 80, as diferenzas e os elementos comúns entre eles.
As asociacións organizadoras do acto pretenden que este recital sexa tanto un recoñecemento a este grupo xeracional pero fundamentalmente a unha posibilidade para que o grande público acceda á poesía. Xa que logo pretendemos sacar a poesía á rúa, non como unha excepción, pero si con un recital que ten moito de excepcional tanto polos autores como polo feito de que significa volver a xuntar esta xeración literaria. Neste sentido queremos convidar a todas e a todos os nosos veciños e veciñas a participar desta noite de poesía.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



