Nota de Prensa
O director xeral do instituto galego de Vivenda asume o compromiso de acelerar estas reparacións despois de reunirse co deputado popular Jose Manuel Balseiro quen se interesou polo malestar dos propietarios
O IGVS COMPROMÉTESE A SOLUCIONAR AS DEFICIENCIAS DETECTADAS EN VARIOS PISOS SOCIAIS DO BARRIO DE CELEIRO
A Mariña lucense, 22 de setembro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Jose Manuel Balseiro Orol, mantivo un encontro no día de onte co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné Pina, no que se interesou polas deficiencias denunciadas por propietarios de varios pisos sociais sitos no barrio vivairense de Celeiro. Segundo alertaban os donos das vivendas a falta de reparación destas deficiencias estaba a condicionar a vida das súas familias e as obras desenvolvidas ata o momento para corrixiras chegaban despois dun longo tempo de espera e non eran todo o efectivas que cabía esperar.
Balseiro acadou o compromiso do director xeral do IGVS para acelerar todas as reparacións que sexan necesarias e, de xeito urxente, aquelas que maiores prexuízos están a provocar aos actuais propietarios. A administración autonómica verificará si as mesmas son froito dun defecto de construción ou non, e actuará en consecuencia, demandando á empresa construtora que asuma a súa responsabilidade de inmediato ou executando directamente as reparacións necesarias alí onde se aprecie o deterioro.
Ao mesmo tempo o dirixente autonómico do Instituto galego da vivenda indicoulle ao deputado popular que para paliar outra das problemáticas existentes -a entrada de auga aos garaxes destes pisos- a Xunta ten previsto facer un requirimento á empresa que executa unha obras nas inmediacións dos garaxes e por cuxa consecuencia se están a producir as filtracións de auga. A administración autonómica pedirá que se adopte con urxencia as medidas precisas para evitar esta situación e corrixir os danos provocados ata o momento.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é o órgano da administración galega que traballa para favorecer o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido dunha vivenda digna e adecuada. Unha vez verificadas as deficiencias que presentan estas vivendas o IGVS adoptará con celeridade todas as decisións necesarias para corrixilos.



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



