NOTA DE PRENSA
CONCELLO E DEPUTACIÓN ASINAN UN CONVENIO PARA ACONDICIONAR O ANTIGO EDIFICIO DOS LAVADOIROS QUE SE ATOPA NO CASCO ANTIGO DE RIBADEO.
Ribadeo, 3 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Lugo co responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga un convenio de colaboración para acondicionar o antigo edificio dos lavadoiros como espazo de reunións. A subvención concedida ao Concello ascende a máis de 25.000 euros.
O rexedor agradeceu “á Deputación a súa colaboración e en especial á Área de Cultura por axudar ao Concello con esta achega de 25.000 euros, que posibilitan non só rehabilitar un inmoble que estaba prácticamente en desuso, senón tamén que sexa empregado para un obxectivo útil, xa que Ribadeo é un concello moi vivo, e cada vez máis, en materia asociativa”.
Fernando Suárez engadiu que “nas vindeiras semanas iniciaremos estas obras, eu creo que o resultado final vai ser moi atractivo porque se conservan os elementos estructurais do que era o lavadoiro, pero ao mesmo tempo se dota de diferente mobiliario e de diferentes elementos para que poida ser perfectamente utilizado. Terá unha grande mesa de traballo, sillas, iluminación, lugar para proxección de videos e diapositivas, etc, e desde logo vai ser un paso importante, nunca dado en Ribadeo, de cara ao movemento asociativo veciñal”.
Pola súa banda, Antonio Veiga dixo que “se cumpre unha nova demanda dos ribadenses, esta vez no que atinxe ao movemento asociativo veciñal, xa que con este centro poderán desenvolver as súas xuntanzas dun xeito máis cómodo”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



