Nota de prensa:
O ALCALDE AGARDA QUE A XUNTA TEÑA EN CONTA AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO AO POL PARA QUE NON DISTORSIONE A FUTURA APROBACIÓN DO PXOM.
Ribadeo, 17 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que a Xunta teña en conta as alegacións presentadas polo Concello ao Plan de Ordenación do Litoral para que non distorsione a futura aprobación do PXOM.
O rexedor explicou que “nunha comisión informativa de onte aprobamos con diferentes matices todos os grupos unha serie de consideracións de cara a este período de alegacións do Plan de Ordenación do Litoral que lle afecta nunha boa parte ao concello de Ribadeo e que existen diferentes visións e posicionamentos sobre si é bó, si é bó con matices, si é malo ou si é moi malo”.
Suárez Barcia dixo que “nós, e falo de nós como a unanimidade da Corporación, hai uns meses fixemos unhas suxerencias antes da aprobación inicial do POL para que se tivesen en conta, cousa que non ocorriu prácticamente segundo os informes dos técnicos municipais. De aí que a proposta inicial no día de onte era volver a reiterar estes argumentos que os diferentes grupos fixemos sobre núcleos, sobre ámbitos urbanos ou determinadas clasificacións do solo, etc. Pero ao mesmo tempo tamén todos os grupos coincidimos en valorar iso así, aínda que o PP se descolgou dun informe de secretaría que indicaba que o POL podería adoecer dunha certa legalidade”.
O alcalde engadiu que “en conversas co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe éste indícame que o POL non terá ningún problema co Plan Xeral de Ordenación Municipal, pero unha cousa é o que se diga de maneira verbal e con afabilidade, que a ten ademais, e outra cousa é o que pon a letra e o papel e como non nos fiamos e como temos que defender os intereses do Concello é polo que maioritariamente por tres dos catro partidos que formamos a Corporación (BNG, PSOE e UPRI) nos decantásemos por poñer toda a carne no asador e por facer todas esas alegacións incluidos os informes xurídicos pertinentes”.
Fernando Suárez subliñou que “entendemos que agora a Xunta con ese traballo que ten feito de aprobación inicial debería aceptar e adaptar as alegacións que unánimemente os membros da Corporación lle facemos para que iso non distorne a futura aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal”.
Ruidos
Por outra banda, o alcalde de Ribadeo referíuse a unha petición plantexada por un colectivo veciñal que demanda máis permisividade acústica e liberdade de horarios para os locais de ocio nocturno. Fernando Suárez manifestou que “moi poucas veces fago reflexións públicas sobre algunhas das ideas que ten unha asociación que se di de veciños, pero logo despois de representación veciñal pouco ten a xulgar polas súas pintorescas propostas. O desta vez si que me parece importante. Eu como alcalde caracterízome por tentar conciliar intereses contrapostos, por tentar que todo o mundo cumpra a lei aínda que da maneira máis humana posible, etc…”.
O rexedor sinalou que “falando do tema do ruido nocturno, cando o Concello está condeado desde hai anos a pagarlle unha cantidade de diñeiro periódica a un particular por non ter resolto este problema; cando eu como alcalde quixen hai poucos meses aprobar unha ordenanza do ruido que contemplara unha serie de cuestións para facer máis fácil a convivencia entre os que producen o ruido e os que teñen que sufrilo e a Corporación toda, agás o equipo de goberno, votou en contra di dita ordenanza; cando teño múltiples queixas de veciños que me din que non poden durmir, que teñen moitas molestias, que acuden ao Valedor do Pobo e que me din que eu non fago nada… nunha situación tan complicada, pedirme como me pide esta asociación que convirta a Ribadeo nunha especie de Sodoma e Gomorra, iso desde logo poden estar ben seguros e tranquilos de que nunca o farei”.
Fernando Suárez quere que “todo o mundo cumpra a lei, quero que todo o mundo gañe, quero que todo o mundo traballe pola noite, pero tamén quero que todo o mundo durma e desde logo hai algunhas actividades dalgúns establecementos moi concretos dos que esta asociación sabe moito porque ten unha afinidade directa que pechan ás 7, ás 9 ou ás 10 mañá en horarios que para nada están autorizados e despois se laian porque o Concello de Ribadeo os sanciona. Sancionamos iso como cando vai alguén e aparca enriba dunha acera e chega a Policía e o multa, porque neste mundo para non vivir nunha anarquía temos que vivir cuns dereitos, cuns deberes e cunhas normas que hai que cumprir. E aínda que moitas veces un teña que ser flexible, non pode pola contra permitir que isto sexa unha anarquía, porque cando a xente vota a unha persoa para que sexa o alcalde de todos e de todas é precisamente para iso para que sexa o alcalde de todos e de todas e non dunha parte moi concreta”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



