Acordo polo que se declara a incidencia supramunicipal o “Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no Concello de Barreiros”
O CONSELLO DA XUNTA DECLARA A INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL DO PLAN SECTORIAL PARA A MELLORA E AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS AO CONCELLO DE BARREIROS
Este plan suporá a mellora e ampliación de servizos básicos aos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante
O convenio de colaboración entre o Goberno galego, Deputación de Lugo e Concello de Barreiros estipula como inicio da súa folla de ruta a presentación dun plan sectorial como instrumento de planificación territorial, vinculado aos proxectos sectoriais, previo á execución das obras
Con este acordo, a Xunta da cumprimento ao seu compromiso de axilizar ao máximo os trámites para o investimento de máis de 14 M €: 5,6 achegados pola Xunta; 1,2 pola Deputación Provincial e 7,2 polo Concello de Barreiros
O Consello da Xunta declarou na súa reunión de hoxe a incidencia supramunicipal do plan sectorial presentado polo Concello de Barreiros o pasado luns 20 de setembro, que habilitará a execución das obras de abastecemento, saneamento e mellora da rede viaria que proporcionen aos veciños de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante, os servizos básicos necesarios para o desenvolvemento da súa vida diaria.
A execución destas obras enmárcase no convenio de colaboración asinado o 20 de abril do 2009, entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros, cun investimento de máis de 14 M€, dos cales: 5,6 M€ son achegados pola Xunta; 1,2 M€ pola Deputación Provincial e 7,2 M€ polo Concello de Barreiros. A achega do Goberno Galego inscríbese nas actuacións de dotación de equipamentos que a Xunta está a realizar nos concellos de Galicia.
Folla de ruta
O convenio recolle a vontade das administracións de acollerse aos instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, propoñendo a instrumentación dun plan sectorial de incidencia supramunicipal, ao consideralo como a vía de planificación territorial máis axeitada para materializar o convenio. Sobre todo tendo conta, que ata o 25 de febreiro, o Concello de Barreiros non asinou o contrato de redacción do PXOM coa empresa adxudicataria; polo que dificilmente podería acudirse a el para atopar solucións -a curto ou medio prazo- para a complexa situación acaída.
A situación actual de parálise supuxo un profundo impacto económico, non só no sector da construción, senón tamén nas empresas auxiliares de Barreiros, a Mariña Lucense, e toda a provincia de Lugo, que se ve agravada pola actual conxuntura económica.
O Concello de Barreiros, consciente de que as infraestruturas de abastecemento e saneamentos quedaron desfasadas, propón a súa ampliación e dimensionado.
A Deputación de Lugo tendo en conta a negativa trascendencia económica que está a supoñer esta situación para o ámbito provincial, presta a súa colaboración institucional, xurídica, técnica e económica para o desenvolvemento do plan sectorial.
Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e en concreto a Administración hidráulica de Galicia, consciente desas necesidades e coa finalidade de palialas, colabora activamente para a consecución de fins de interese común. Tendo en conta a colaboración que inspiran as relacións das administracións públicas en consideración a razóns de interese xeral, e dadas as circunstancias concorrentes, xustifícase a necesidade de tramitación do presente plan sectorial de incidencia supramunicipal.
A Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, recolle no seu artigo 22.1 do capítulo V, que a finalidade dos plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal é regular a implantación territorial de infraestruturas, dotacións e instalacións de interese público ou utilidade social cando a súa incidencia e repercusión transcenda do termo municipal no que se localicen, pola súa magnitude, importancia ou especiais características.
De acordo co punto 2 do citado artigo, consideraranse infraestruturas as construcións e conducións destinadas ás comunicacións, á execución da política hidráulica, á loita contra a contaminación e protección da natureza e á execución da política enerxética.
Tramitación do plan sectorial
O prazo estimado para a tramitación do planeamento é de dous meses desde a presentación do plan sectorial, que terá como obxecto establecer as condicións xerais para o desenvolvemento posterior da urbanización a través dos proxectos sectoriais correspondentes aos catro núcleos urbanos. Deste xeito, presentarase unha actuación concreta e determinada, cun nivel de detalle propio dos proxectos de urbanización.
O procedemento legalmente establecido para materializar o convenio, unha vez que o plan parcial sexa declarado de incidencia supramunicipal, ten o seguinte percorrido administrativo:
Información pública, solicitude de informes sectoriais, avaliación ambiental estratéxica e informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Aprobación polo Consello da Xunta.
Unha vez aprobado definitivamente o plan sectorial, o cal está vinculado a tramitación dos proxectos sectoriais, podería procederse ao levantamento das medidas cautelares que permitirán o desbloqueo das obras e, polo tanto, a materialización do convenio.
Melloras
Con este convenio procederase á urbanización, abastecemento e saneamento dos núcleos urbanos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante.
• 1.675 ml de rede de saneamento
• Ampliación da depuradora de San Cosme en
2000 h-e.
• 5.286 ml de rede de abastecemento
• Urbanización (calzada e beirarrúas)
San Pedro
• 526 ml de rede de saneamento
• 2.388 ml de rede de abastecemento
• Urbanización (calzada e beirarrúas)
San Miguel
• 3.379 ml de rede de saneamento
• Nova depuradora de 6.000 h-e
• 3.090 ml de rede de abastecemento
• Urbanización (calzada e beirarrúas)
Reinante
• 163 ml de rede de saneamento
• 2.122 ml de rede de abastecemento
• Urbanización (calzada e beirarrúas)
Situación urbanística de Barreiros
Barreiros contaba cunhas normas subsidiarias de Barreiros aprobadas en outubro de 1994, polo que non están adaptadas á lexislación urbanística vixente e non establecen distinción entre as categorías do solo urbano consolidado e non consolidado.
A grande actividade edificatoria dos últimos anos e a insuficiencia de servizos nos núcleos urbanos (redes de saneamento e depuración de augas residuais, abastecemento de auga, potencia na subministración de enerxía eléctrica) determinaron que o Consello da Xunta de Galicia -por Decreto 15/2007, do 1 de febreiro-, suspendese a vixencia desas normas subsidiarias e aprobase unha ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor dun PXOM acorde coa lexislación vixente.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



