Nota de Prensa
O PP rechaza unha iniciativa para rexeitar o ERE e impulsar un Plan de viabilidade
OS SOCIALISTAS DIN QUE O PARTIDO POPULAR XOGOU COS TRABALLADORES DE SARGADELOS
– O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca afirma que utilizan datos, criterios e previsións moi parciais e sesgadas, tomando como referencia básica o exercicio económico de 2009
– Criticou que a Xunta aprobase o ERE de Sargadelos e cualificou esta decisión de “bochornosa”
– Reclamoulle ao deputado do PP, Jose Manuel Balseiro, que vote a favor desta iniciativa, co fin de que inste a Xunta a non apoiar este ERE, e apoiar así as familias e a o pobo de Cervo
Santiago de Compostela , 28 de setembro de 2010. O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca, defendeu no Pleno da Cámara Autonómica unha proposición na que reclamou que a Consellería de Traballo que rexeite o ERE presentado pola empresa Sargadelos.Tamén solicita facilitar, a través do IGAPE, a cobertura das necesidades financeiras a curto e medio prazo, mediante avais ou axudas de capital ao igual que se está facendo noutras empresas, para garantir o seu funcionamento normal. E impulsar un Plan de viabilidade, negociado, que asegure a continuidade da empresa Sargadelos, o seu proxecto industrial singular, e sobre todo, que asegure a continuidade de tódolos postos de traballo sen modificacións traumáticas do cadro de persoal actual, debendo ser acordada calquera modificación. A iniciativa, votada o día 29, foi rechazada polo PP.
Na súa intervención agradeceu a presencia dos traballadores e ás traballadoras dos centros de traballo de Sargadelos, tanto de Cervo como de cerámicas do Castro, na Cámara Autonómica.
O deputado fixo alusión á aprobación por parte da Xunta do ERE de Sargadelos de Cervo e o rechazo do Castro. Por iso criticou que a Xunta resolvera de xeito dispar e contradictorio, situacións practicamente iguais presentadas pola mesma empresa en diferentes centros de traballo de Galicia. E cualificou esta decisión de “bochornosa”.
Tome Roca destacou ao conxunto de empresas de Sargadelos que “teñen un compoñente cultural e social, vinculado a Galicia, que reforza e aporta un carácter identitario a súa actividade empresarial”, e sinalou que inclúe a, Edificios do Castro, Laboratorio de Industria e Comunicación do Castro S.L., Museo Carlos Maside, Laboratorio xeolóxico de Laxe, entre outros.
O deputado explicou que en 2009 e pricipios de 2010, a empresa presentou, tanto no Castro como en Cervo, dous expedientes de regulación de emprego suspensivos, para contribuír a superar as dificultades económicas do ano 2009. Lembrou que este acordo cos traballadores nos EREs suspensivos supuxo un aforro para a empresa de 345.000 euros no Castro e de 500.000 euros en Cervo, tal como recolle a propia empresa na súa documentación e mesmo se recolle nas resolucións do día de onte.
O portavoz socialista di que de consumarse estas pretensións, afectaría a perto do 30% da plantilla, na súa maioría formada por mulleres que levan toda a súa vida laboral dedicada a esta empresa.
Cos datos na man Tome Roca afirma que as pretensións da empresa neste ERE van moito mais aló do razonable. Xa que replica que utilizan datos, criterios e previsións moi parciais e sesgadas, tomando como referencia básica o exercicio económico de 2009, sen ter en conta a reduccións dos stoks, nin o incremento de ventas que se produciu no que vai de ano 2010 en mais dun 25%.
Advirte tamén que a propia Inspección de Traballo dun dos EREs di, que pode ser necesario algún axuste, pero da situación económica da empresa non se considera xustificada a medida extintiva.
Loubou a disposición dos traballadores a chegar a un acordo coa empresa ofrecendo posibilidades menos traumáticas, como baixas voluntarias incentivadas, prexubilacións, e reducción de xornada. Pero denuncia que “nada desto foi aceptada pola empresa nin foi impulsada pola Consellería de Traballo”, espetou.
Tamén aludiu ao comportamento dos responsables do PP na provincia. Xa que asegura que nunha das reunións de negociación celebradas en Lugo, ademais da empresa, dos traballadores e dos representantes da Administración, tamén participaron o Alcalde de Cervo e o Sr. Balseiro Orol.
Argumenta que a sorpresa foi maiúscula cando os representantes do Comité de Empresa comprobaron, que o Sr Balseiro toma partido pola empresa e atrévese a dicirlle ós traballadores entre outras cousas que bastante facían con escoitalos. Asegura que despois de escoitar todo esto, a funcionaria que instrúe o expediente, dilles veladamente ós presentes, que ve factible o ERE. Así as cousas o portavoz socialista asegura que ao Partido Popular xogou cos traballadores de Sargadelos.
Xa no turno de replica reclamoulle ao deputado do PP Jose Manuel Balseiro que vote a favor desta iniciativa, co fin de que inste a Xunta a non apoiar este ERE, e apoiar así as familias e a o pobo de Cervo. E resumiu “non escotei nas súas propostas solucións para Cervo”, sentenciou Tome Roca.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



