Nota de Prensa
O obxectivo deste programa é o de achegar o porto de Ribadeo aos cidadáns, a través de varias actividades
PORTOS DE GALICIA INICIA UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O PORTO DE RIBADEO DENTRO DOS ACTOS PROGRAMADOS PARA O XACOBEO 2010
* Con este programa preténdese fundamentalmente dar a coñecer o porto de Ribadeo e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador
Santiago, 3 de setembro de 2010.- Portos de Galicia, comezará mañán sábado día 4 o programa de actividades denominado Ribadeo, Porto Xacobeo, cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo do Norte que estará exposta durante os días 4 ao 10 deste mes, no Fuerte de San Damián, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010.
O obxectivo deste programa é o de achegar o porto de Ribadeo aos cidadáns, a través de varias actividades. Tamén mañán sábado dia 4 terá lugar un concerto de música clásica co Cuarteto de Saxofóns de A Coruña no Auditorio Municipal “Hernán Naval” e o lúns día 6 de setembro, ás nove da noite, haberá unha conferencia acerca do Camiño do Norte impartida por Juan Ramón Fernández Pacios, responsable do Centro de Interpretación do Camiño do Norte de Mondoñedo e investigador e autor da obra “Hospitalidade e peregrinos. O Camiño do norte na Mariña lucense”.
Con este programa preténdese fundamentalmente dar a coñecer o porto de Ribadeo e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador. Ao mesmo tempo poténcianse as instalacións portuarias dándolle un uso que integra a actividade económica, o uso social e cultural dos portos de xeito harmónico.
Portos de Galicia levará a cabo este programa nas instalacións portuarias distinguidas como portos Xacobeos. Trátase de portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago están relacionados por ser punto de referencia para os peregrinos.
Portos Xacobeos
Esta aportación ao fenómeno Xacobeo supón unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes.
En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Cuarteto de Saxofóns da Coruña
O Cuarteto de Saxofóns da Coruña xestouse na aula do profesor Narciso Pillo en 1992. Nace coa idea de difundir o saxofón e cubrir o oco existente na música de cámara do noso país no que ao saxofón clásico refírese, labor que veu realizando desde a súa fundación, debido ao entusiasmo e acollida que se lle dispensa nas súas actuacións.
Composto pola elite dos saxofonistas galegos, o Cuarteto de Saxofóns da Coruña é notable pola calidade interpretativa dos seus membros, que fan valer o seu instrumento baixo unha forma que ata o presente foi moi pouco explotada, mostrando as ricas posibilidades do grupo en canto a sonoridade, timbre, extensión e beleza tanto a nivel individual como de conxunto.
O repertorio que traballa o Cuarteto de Saxofóns da Coruña está formado case exclusivamente por música do século XX tento en conta que o instrumento naceu a finais do XIX, aínda que tamén fai fronte a transcrisións das obras clásicas máis representativas. No seu repertorio destacan compositores como Glazounov, Bozza, Francaix, Desenclos, Ibert, Pierné, Boucard, Singelée, River, Iturralde… Na actualidade, os seus compoñentes dedícanse á docencia nos Conservatorios de Galicia e forman parte de importantes colectivos bandísticos. Recentemente gravaron un CD con obras de: J. S. Bach, A. Desenclos, J. Rueff, P. Max Dubois e G. Pierné
Compoñen o grupo:
Narciso Pillo (sax. soprano)
Eva Aguiar (sax. alto)
Gerardo Bacelo (sax. tenor)
Marcos Mariño (sax. barítono)
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



