Cando un equipo de goberno toma unha decisión, fai unha obra ou celebra un acto, sempre pensa que acertou de pleno e moi raramente admite ningunha critica, suxerencia ou comentario o respecto.
Podemos dicir que caen na autocomplacencia, e o non admitir erro algún, están a renunciar a mellorar no futuro.
Por a contra a oposición, xeralmente ve todo mal, considera toda decisión errónea e non recoñece ningún acerto por parte do equipo gobernante.
Con esta cerrazón en non recoñecer os acertos do equipo gobernante, a oposición está a perder credibilidade, a posibilidade de acordos e futuros apoios.
Xeralmente a realidade e a certeza está nun punto medio. Todas as decisións, actos e acordos teñen algo de positivo, pero todo e mellorable e cuestionable.
Tendo en conta todo o anterior eu quería dicir con respecto o día do deporte celebrado en Foz que está moi ben i e moi positivo o fomento do deporte en xeral. E a celebración do día do deporte celebrada fai uns días foi un acerto no sentido de sensibilizar e animar os mais xoves a practica deportiva.
Pero aínda recoñecendo o acertado da idea, o éxito da participación e a calidade do ofertado hai unha serie de consideracións que creo que se poderían mellorar e nese sentido as suxiro para futuras edicións. As miñas suxerencias son:
- A actividade deportiva está moi ben. Pero non só entre os mais novos, senón en todas as idades, e por iso propoño que se fagan tamén actividades para todos dende os mais cativos ata os de mais idade. Cada un de acordo as súas posibilidades. Isto tamén axudaría a fomentar o deporte en familia.
- Con respecto o lugar de celebración considero que se debería facer en zonas onde se minimizaran as molestias, e sé e posible en varios puntos. Podería ser na esplanada do múelle, en Portochico, na praia, etc.
- Non considero acertado o corte da avenida Álvaro Cunqueiro e a súa celebración en dita rúa por varios motivos:
- En Foz hai un importante colectivo de persoas que traballan de noite (no hospital, en Aluminio, etc) e non e moi agradable para unha persoa que se deita as 7, 8 ou 9 da maña, que dende primeira hora haxa barullo na rúa durante todo o día.
- Nesa rúa están os dous tanatorios de Foz. En caso de que o día da celebración do día do deporte, en algún deles houbera un finado, non sería moi agradable para unha familia ter que recibir o duelo con musica e festa na rúa. Por outro lado podería darse o caso de que ese día houbera un enterro. Coa calle cortada haber por onde se ia pasar. Pois eu non creo que a organización tivese asegurado que ese día os tanatorios non ían ter ningún inquilino.
En fin o día do deporte celebrado en Foz tivo moi ben, pero pode e debe de ser mellorado.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



