Nota de Prensa
A XUNTA ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA NO LITORAL GALEGO E OUTRO POR VENTO NA CORUÑA ESTA FIN DE SEMANA
* Para mañá, venres, esperase un adverso por vento de nivel laranxa que afectará ao oeste da Coruña, con refachos que poden superar os 100 kilómetros hora
* O sábado todo o litoral galego estará en alerta laranxa por mar de fondo do oeste e rexistros que poderán superar os 6 metros de altura
Santiago, 7 de outubro de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa por vento en mar e mar de fondo de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá, venres 8 de outubro. Así mesmo tamén advirte doutro episodio de meteoroloxía adversa por vento de nivel laranxa para o oeste da provincia da Coruña.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espérase que a partir das 6.00 horas de mañá, venres 8 de outubro prodúzase un nivel laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra por mar de fondo do oeste con rexistros que poderían superar os 5 metros e vento en mar do sur que poderían superar a Forza 8.
Pola súa banda, o litoral de Lugo permanecerá en alerta amarela, con rexistros que poderían sobrepasar os 4 metros, aínda que no día 9 de outubro -sábado-, o nivel de alerta ampliarase, quedando xa todo o litoral galego en alerta laranxa por mar de fondo do oeste. Nesta xornada os rexistros poderían superar os 6 metros de altura.
Alerta laranxa por vento
Ademais, o a partir das 2.00 horas de mañá, venres, esperase un episodio de meteoroloxía adversa por vento de nivel laranxa que afectará ao oeste da provincia da Coruña con refachos de vento que poden superar os 100 kilómetros hora.
A esa mesma hora espéranse ventos que poderán superar os 90 kilómetros hora –nivel amarelo- no resto da provincia da Coruña e na de Pontevedra; e a partir das 4.00 horas refachos de vento que poden superar os 80 kilómetros hora nas provincias de Lugo e Ourense.
Así mesmo, avísase da posibilidade de choivas de máis de 15 litros por metro cadrado e 50 litros en 12 horas por metro cadrado nas provincias de Pontevedra e Coruña a partir das 6.00 horas de mañá, venres; e de máis de 15 litros por metro cadrado no sur e na montaña de Ourense e na zona de Valdeorras a partir das 4.00 horas de mañá, é dicir nivel amarelo.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos da Comunidade Autónoma; ás Deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos das tres provincias costeiras, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



