Nota de Prensa
O PROCESO XUDICIAL ENTRE O CONCELLO E A EMPRESA ADXUDICATARIA DA PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS PROMOVIDA POLOS SOCIALISTAS REMATA CUNHA SENTENCIA FIRME A FAVOR DOS INTERESES DOS VECIÑOS DE CERVO
* O Tribunal Superior de Justicia de Galicia abala a decisión tomada no seu día polo Goberno local do PP de anular o contrato adxudicado na época dos socialistas en favor da empresa Sumiges para a xestión dos servizos municipais de subministro de auga, gas, saneamento e recollida de lixo
* A sentencia é firme e desestima definitivamente as pretensións de indemnización que a empresa pretendía acadar do Concello e que ascendían a un total de 2.292.591,31 euros
* No seu contido corroborase a existencia de numerosas deficiencias e irregularidades feitas polos socialistas nesta privatización
* O grupo de Goberno local cualifica o fallo xudicial coma “unha mostra máis” da “perversa xestión” do PSOE local no proceso de adxudicación destes servizos e esíxenlles aos socialistas explicacións polo seu intento frustrado de “pelotazo privatizador”
Cervo, 8 de Outubro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deu a coñecer este mediodía en compaña da concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada, o contido da sentencia relacionada co contencioso que mantivo ata o de agora o Concello de Cervo coa empresa SUMIGES a raíz da decisión tomada no seu día por este consistorio de anular o contrato que tiña esta empresa para a xestión dos servizos municipais de subministro de auga, gas, saneamento e recollida de lixo.
Neste caso trátase dun fallo en firme da sala 2ª do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Justicia de Galicia no que non cabe recurso. Nel se desestiman definitivamente as pretensións de indemnización que esta empresa pretendía acadar do Concello e cuxa contía ascendía a un total de que ascendía a un total de 2.292.591,31 euros. Así mesmo este fallo condena tamén á empresa ao pago das costas procesais de todo o proceso xudicial.
O rexedor dixo que con esta sentencia péchase “un largo camiño” iniciado hai aproximadamente 10 anos, cando o Goberno local do PP decidiu reverter a xestión dos servizos de auga, saneamento, gas e lixo novamente ao concello por considerar que as condicións de privatización subscritas no seu día polo anterior goberno municipal dos socialistas “raiaba a ilegalidade e así o veñen a demostrar todas estas sentencias” recalcou o alcalde.
Villares incidiu no feito de que o Concello saíu finalmente gañador de todas as sentencias que se foron sucedendo ao longo de todo este proceso xudicial. “Esta sentencia -ao igual que as anteriores que deste tema se teñen producido- é para nós un novo refrendo de que a decisión tomada polo goberno local do Partido Popular de retomar o contrato de servizos subscrito polos socialistas de Cervo cando estaban á fronte do Concello foi unha medida axeitada e deixa ao descuberto unha vez máis as escuras pretensións do Psoe de Cervo no proceso privatizador destes servizos” recalcou.
Para o alcalde o feito de ter gañadas todas as sentencias do caso “Sumiges” tamén deixa ao descuberto a “deslealdade” do Psoe local cos veciños do municipio “primeiro porque privatizaron un servizo público mediante un proceso que a Xustiza resolveu finalmente como irregular; e segundo, porque desde o primeiro momento os edís socialistas de antes e tamén os de agora estiveron ao carón da empresa privada e non na defensa dos intereses dos veciños de Cervo”. Villares profundizou nas súas acusacións asegurando estar convencido de que se este proceso xudicial entablado con Sumiges dependera dos socialistas “seguiriamos cun servizo privatizado de xeito irregular ou xa teríamos pagado todas as reclamacións desta empresa, o que sumaría máis de tres millóns de euros, e isto a pesares de que os tribunais nos acaban de dar a razón definitivamente”.
PELOTAZO PRIVATIZADOR FRUSTRADO GRAZAS AO PP
“Eles -en referencia aos socialistas-, que tanto enchen a boca falando da importancia dos servizos públicos, foron os reis da privatización; mentres que nós, desde os distintos executivos municipais do Partido Popular, sempre defendemos que debía manterse unha xestión pública, porque o único beneficiario da auga, do saneamento, do gas e da recollida de lixo deben ser todos e cada un dos veciños” asegurou o mandatario cervense.
Villares espera por último que esta sentencia que conleva o peche definitivo deste conflito xudicial en favor dos intereses municipais sirva tamén para que “dunha vez por todas” os membros do Psoe “teñan a coraxe suficiente” de dar explicacións a tódolos veciños “sobre os entresijos deste intento afortunadamente frustrado por nós de pelotazo de concesión”. “Non nos valen escusas nin desculpas. O único que nos vale agora son explicacións claras do seu proceder”






















A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



