Nota de Prensa
INCIDENCIAS DA 1ª TIRADA
(Centro Social de Lago – Sábado, 9 de outubro 2010)
-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.
-49 inscritos, 24 na Liga Senior, 15 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina. O primeiro que queremos destacar deste comezo de temporada é a ALTÍSIMA PARTICIPACIÓN nesta primeira tirada, dado que hai bastantes anos que non se inscribía tanta xente a unha tirada de bolos. Temos que decir que unha boa culpa desta participación é a presencia dun importante número de xogadores-xogadoras Sub 18, o cal nos alegra un montón, xa que neles está o futuro dos bolos. Neste sentido, e polo momento, está claro que as Xornadas de Promoción dos bolos que realizamos no IES Illa de Sarón funcionaron ben, dado que polo menos, neste inicio de campionato, un bó número de alumnos/as do IES Illa de Sarón participaran neste comezo. Temos que darlle as gracias ao profesor de educación física do IES Xabi Bouza Criado, que nos está axudando moito neste sentido, xa que él está animándoos a que participen na nosa competición.
Liga de Maiores.- Gañou esta primeira tirada Moisés Rodríguez con 147 tantos, seguido do clásico Arturo Vigo con 144 e o actual poseedor do título Ginés Rodríguez con 138. Moisés, que xa realizou unha gran progresión no seu xogo o pasado ano, cremos que este ano vai ser dalgunha maneira o da súa confirmación, dado que o vemos motivadísimo e sabemos que ten condicións para estar entre os mellores.
Os tanteos, tanto nesta categoría como nas outras dúas, bastante baixos, cousa normal nos inicios de cada temporada dado o baixo estado de forma da maioría dos xogadores, que irán collendo ritmo segúndo vaia avanzando a competición.
Liga Sub 18.- O máis destacado deste comezo nesta Liga sería a participación. Por parte da organización está claro que temos un traballo duro e un reto, que é conseguir que unha boa parte destes xoves xogadores se queden regularmente na competición, e non a abandonen.
Liga Feminina.- Comezou esta Liga como rematou o pasado ano, ousexa, coas posicións coas que finalizou a Liga pasada, primeira Carmen Roca e segunda Dolores Baño, que segundo a nosa opinión, van ser as principais favoritas ao trunfo final nesta Liga.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 16 DE OUTUBRO DE 2010.
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (9 OUTUBRO 2010) 49 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 15 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 147 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 144 | 10 |
| TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 138 | 8 |
| CUARTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 138 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 135 | 6 |
| SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 132 | 5 |
| SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 129 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 122 | 3 |
| NOVENO | ALEX MEITÍN SERANTES | 121 | 2 |
| DÉCIMO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 114 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 62 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 46 | 6 |
| SEGUNDO | KATIA NÍÑEZ CASARIEGO | 46 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 40 | 3 |
| CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 37 | 2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 36 | 1 |
| MELLOR BOLADA | KATIA NÍÑEZ CASARIEGO | 28 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 69 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 65 | 4 |
| TERCEIRO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 53 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ | 48 | 2 |
| QUINTO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 46 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 49 | 1 |



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
