Nota de Prensa
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE ( 23 OUTUBRO 2010 ) 45 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 178 | 12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 158 | 10 |
| TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 157 | 8 |
| CUARTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 154 | 7 |
| QUINTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 150 | 6 |
| SEXTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 138 | 5 |
| SÉTIMO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 135 | 4 |
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 131 | 3 |
| NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 131 | 2 |
| DÉCIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 129 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 63 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 74 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 47 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 44 | 3 |
| CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 33 | 2 |
| QUINTO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO | 32 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 49 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 93 | 6 |
| SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 84 | 4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 83 | 3 |
| CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 64 | 2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROCUO | 63 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGO | 49 | 1 |
INCIDENCIAS DA 3ª TIRADA
(Centro Social de MONTE – Sábado, 23 OUTUBRO 2010)
-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.
-45 inscritos, 26 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina.
Liga de Maiores.- A regularidade do vixente campión Ginés Rodríguez, fai que acade o liderato unha vez disputada a terceira xornada. Está claro que estamos diante dun xogador en plena madurez, que despois de conseguida a ansiada victoria no campionato, despois, iso sí, de moitos segundos e terceiros postos finais, está xogando comodamente, sen ningún tipo de presión, calculando as súas posibilidades; tal como está a xogar, vai ser un rival moi duro para calquer dos seus competidores. Moisés Rodríguez perde o liderato, pero mantense na segunda posición da táboa despois dunha tirada irregular, pero inda así o vemos moi motivado e con gañas; vai dar moita guerra. Á terceira posición accede César Cancelos, que pese a non puntuar na primeira tirada de Lago, leva dúas tiradas excelentes. Cuarto, perdendo unha posición, está Arturo Vigo, seguido moi de cerca por outro claro favorito ao trunfo final como é José Rafael González, cuxa victoria en Monte lle permite achegarse á cabeza.
Liga Sub 18.- A victoria e a mellor bolada de Daniel López permítelle acceder ao liderato da táboa con 11 puntos, desprazando a Claudia Fernández que só puido sumar 1 punto ao ser quinta na tirada. Terceiro temos a Aitor Bouso, quen realizou unha mala tirada, e non foi siquer capaz de puntuar. Inda así, a clasificación nesta categoría está moi aberta, e polo momento inda non temos a ningún xogador/a que destaque especialmente.
Liga Feminina.- Dolores Baño continúa de líder con 14 puntos, dous máis que a actual campiona Carmen Roca, segunda con 12 puntos, seguida por Concepción Piñeiro con 10. Polo momento, e a tenor do visto ata agora, trátase das tres xogadoras máis en forma e con mellores maneiras no xogo. A esta tríada, inda que só ten 4 puntos, engaderíamoslle a Belén Meitín, xogadora que mostra moi boas maneiras no tiro, a quen sen dúbida lle falta rodaxe.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O VINDEIRO SÁBADO, 30 DE OUTUBRO DE 2010.

























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 
