Nota de Prensa
O CONCELLO REALIZA OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA AVENIDA DA VEIGA DE SAN CIPRIÁN
* Os traballos fanse ao abeiro do convenio subscrito na primavera pasada entre o Goberno local e o Instituto Galego da Vivenda e Solo
Cervo, 6 de outubro de 2010.- Onte deron comezo os traballos de remodelación, eliminación de barreiras arquitectónicas e acondicionamento dun tramo duns 100 metros da Avenida da Veiga na vila de San Ciprián.
Segundo indicou o rexedor local, Alfonso Villares, esta actuación é posible grazas ao convenio subscrito no mes de abril entre o Concello de Cervo e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) mediante o cal o Goberno cervense cedeu a propiedade do inmoble de titularidade municipal na promoción de 14 vivendas sociais adxudicadas o pasado marzo nesta urbanización a cambio dunha compensación económica de 106.000 euros ás arcas municipais e de que o devandito inmoble lle fora concedido á persoa que quedou no posto número 15 da lista de demandantes nesta promoción de vivenda pública.
Segundo dixo alcalde, os traballos na avenida da Veiga consisten no rebaixe da altura das beirarrúas deste tramo para igualalo ao existente no resto da rúa. “Con isto o que pretendemos é unificar arquitectonicamente esta avenida, ao tempo que eliminamos as barreiras arquitectónicas que supoñía ter unha acera con distintas alturas nun mesmo tramo de calle” sinalou Villares. Os traballos complementaranse coa renovación das canalizacións do abastecemento de auga ao longo de todo o treito no que se desenvolven as obras.
Villares lembrou que o convenio subscrito polo Concello co IGVS permitiu xa levar adiante obras de mellora en varias rúas de Río Cobo e continuará con actuacións noutras infraestruturas viarias de titularidade municipal. “Pensamos que este acordo é beneficiosos para o concello porque, por un lado, asegurámonos que un veciño do municipio opte a unha nova vivenda de promoción pública, e por outra banda, o Concello pode afrontar a realización dunha serie de melloras en rúas e estradas da súa competencia que son moi necesarias e demandadas polos veciños. Pretendemos, en definitiva, seguir na liña de mellora e acondicionamento das infraestruturas básicas do noso municipio porque estamos convencidos de que é bo traballar en conseguir investimentos beneficiosos e rendibles para o conxunto dos cidadáns. Por iso, temos o compromiso de seguir nesta liña e continuar poñendo os piares dunhas infraestruturas básicas que nos permitan seguir medrando dun xeito harmónico e con garantías de futuro para o conxunto dos cervenses” rematou o alcalde.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



