NOTA DE PRENSA
NNXX entende que a Xunta priorice os servizos e estude un novo financiamento do Noitebús
* O presidente provincial ve “lóxica” a redución de liñas e recorda que moitas delas tiñan escasos usuarios
* Vega lembra que o Noitebús foi implantado polo goberno Fraga e defende que a seguridade viaria “é un dos obxectivos da Xunta”
Lugo, 21 de outubro de 2010.- O presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, considera inaceptable a moción presentada polo BNG na que lle esixe á Xunta de Galicia manter o servicio de Noitebús, xa que dada a redución dos orzamentos para o 2011 é necesario “priorizar e pagar a dependencia, os comedores, o transporte escolar ou a sanidade que sí son servicios esenciais”. Así mesmo, dende a xunta provincial queren deixar claro que, tal e como promulga o goberno de Feijóo, non se defende a supresión do Noitebús senón que “se procuren outras fórmulas de financiamento que permitan manter este servizo”.
Dado a merma en máis de 1.000 millóns de euros nos orzamentos autonómicos para o vindeiro ano por mor dos recortes aos que o goberno Central someteu a Galicia, Vega asegura que “entendemos e compartimos que a Xunta retire as subvencións ao servizo do Noitebús e estude novas liñas de financiamento como son a iniciativa privada, ou que os propios concellos, como ocorre en Aragón, se fagan cargo do servizo”.
Daniel Vega recorda que a seguridade viaria é un dos obxectivos da Xunta e que o decreto que regula o servizo de transporte de lecer nocturno foi aprobado durante o goberno de Manuel Fraga. Neste sentido, Vega explica que o PP quere deixar claro que “dito decreto seguirá vixente e que as empresas de transporte poderán seguir prestando o servizo”. Así, engade que dende o goberno da Xunta estudase que, en rutas cun elevado índice de usuarios, o custo do billete se rebaixe coa colaboración das asociacións e empresas de hostelería e coa achega dos propios estudantes.
Dende Novas Xeracións de Lugo tamén aclaran que Galicia é a comunidade española coa oferta máis ampla de rutas de Noitebús –194–, por detrás atópase Madrid, con 150 liñas menos. Segundo explica o presidente provincial, moitos destos servizos teñen un escaso número de usuarios, polo que o seu mantemento supón un beneficio social pequeno e un desembolso económico moi amplo.
Polo tanto, resulta “ilóxico” que a Xunta estea a subvencionar servizos nocturnos con baixa demanda, tendo en conta que en moitas destas zonas do rural lucense non existe transporte público que cubran servicios “que considero tan ou máis básicos e esenciais que o do Noitebus, como son acudir ao médico en caso de urxencia ou desprazarse ao posto de traballo”.
Dado esto, Daniel Vega comenta que dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estase valorando a decisión de que liñas se deben manter e cómo se poden financiar. Así mesmo, o presidente provincial tamén traslada a intención do goberno do PP de apostar, na medida do posible, polo transporte interurbano e moi especialmente o metropolitano, o que favorecerá a mobilidade de máis de 1.800.000 persoas e desconxestionará as urbes metropolitanas. Vega tamén recorda que dende a Xunta se tratará de potenciar o transporte escolar e impulsará novas rutas aéreas para facer máis competitivos os aeroportos de Galicia.





















A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



