Nota de prensa
O BNG DENUNCIA O ESTADO PENOSO QUE PRESENTA A REDE VIARIA LOCAL E AGARDA QUE O CONCELLO NESTE 2010 NON RECIBA MENOS DE 100.000 EUROS A TRAVÉS DO PEIM DE MEDIO RURAL.
Barreiros, 2 de outubro de 2010. O BNG de Barreiros denuncia o estado penoso que presenta a rede viaria local e agarda que o Concello neste 2010 non reciba menos de 100.000 euros a través do PEIM de Medio Rural.
Desde o grupo municipal do BNG explican que “a raíz desta moción que presentou no pleno deste venres o PP en relación co plan de equipamentos e infraestructuras do medio rural de 2009, sí en parte ten razón en pedir celeridade á Xunta e ao propio ministerio para que ese convenio se asigne xa, pero é curioso que o PP se acorde agora de licitar e executar as obras do ano pasado, non xa as do 2010 senón as do 2009, cando a Xunta saínte (a do bipartito) xa no mes de febreiro de 2009 deixou preparadas as propostas para levar adiante ese convenio co ministerio. Nós enmedamos esa moción, votámola favorablemente… na enmenda pedimos celeridade na tramitación e que se amplíe o prazo para poder xustificar todas esas obras que se poidan facer con arreglo ao PEIM”.
Os nacionalistas aseguran que “para nós é preocupante que este plan non se poida levar adiante porque Barreiros é un concello que ten moitísima rede viaria na zona rural que está en estado penoso desde hai catro ou cinco anos, o deterioro é patente sen que desde o Concello se lle poña remedio e desde logo está ben que se podía botar man deste plan para paliar ese grande déficit que temos no mantemento na rede viaria do concello”. O BNG pediu no pleno celebrado onte “información sobre os criterios que se van seguir para facer esas obras ou os viais que se van meter neses proxectos de 2009 e 2010, queremos sabelo porque xa non son moitos cartos e haberaos que rentabilizalos ao máximo. Desde o BNG lle fixemos constar ao alcalde no pleno e así o recoñeceu que nos anos 2006 a 2008 cando gobernaba o BNG a Consellería de Medio Rural foi cando máis cartos recibiu o Concello de Barreiros e foi porque o PEIM era feito cuns baremos sen favoritismos”.
O BNG insiste en que “Barreiros ten moita rede viaria local e por iso levaba 170.000 euros nos anos 2007 e 2008, e é curioso que agora no 2009 só leve 100.000 euros e o que lle pedimos que para o 2010 Barreiros non leve menos desa cantidade. Eses precísaos para arranxar a rede viaria local, pedímoslle a Alfonso Fuente que non baixe a aportación da Xunta para manter toda esa rede viaria e isa é a demanda de todos os veciños e desde logo temos que atendela”.

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



