Nota de prensa
CONCELLO CREE QUE A ADMINISTRACIÓN CENTRAL PRETENDE “MAREAR A PERDÍZ” NO TEMA DA CESIÓN DOS LOCAIS DA CASA DO MAR
* A concelleira de Asuntos Sociais recibiu unha chamada do Instituto Nacional da Seguridade Social en Lugo informándolle que a titularidade das Casas do Mar dependen agora de Costas
* Armada cree que estas novas escusas da Administración central corroboran as sospeitas do grupo de Goberno local de que os socialistas de Cervo e da provincia están detrás movendo os seus fíos para dilatar no tempo a cesión destes locais
Cervo, 2 outubro de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada, cualificou de “pouco seria” a resposta dada polos responsables na provincia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en Lugo, en relación ás reiteradas solicitudes do Concello de cesión dos locais baleiros da Casa do Mar de San Ciprián para adicalos a usos veciñais e municipais.
Armada indicou que dende a dirección provincial do INSS se lle informou no día de onte mediante unha conversa telefónica que o devandito organismo non é competente para outorgar a cesión destes locais. “Dixéronme concretamente que agora -ao parecer- a titularidade das Casas do Mar non depende da Seguridade Social, se non que o fai da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar. Esta resposta parécenos completamente fora de lugar e creemos que raia a irresponsabilidade da Administración Central, xa que non é de recibo que despois dun ano e medio solicitando constantemente estes locais de xeito formal, por escrito e incluso mantendo xestións directas cos responsables da Seguridade Social, nos veñan agora dicindo que non é cousa deles e lles pasan a pelota a outro organismo do Estado” indicou Armada.
Para a representante do Goberno local, a información dada pola Seguridade Social en Lugo é totalmente incomprensible. “Non podemos entender como é que agora, de súpeto, se nos di que non é cousa deles. Así se comprende como vai este pais, que para conseguir unha simple firma nun papel que non lle supón ningún tipo de gasto a Goberno central -posto que nós comprometémonos a facernos cargo do mantemento do edificio- levamos loitando en despachos dende principios do 2009 sen que ninguén ata o de agora nos diga nada de forma oficial e por escrito” recalcou a edil cervense.
MOVENDO FÍOS POR DETRÁS
Así mesmo subliñou que estas novas non fan máis que corroborar as sospeitas do grupo de Goberno local de que “moi probablemente” políticos socialistas de Cervo e da provincia poidan estar “detrás, movendo os seus fíos” para dilatar no tempo ao máximo as xestións do Concello “e impedir así a cesión destes locais para revertelos a usos de toda a cidadanía ”. “Analizando esta nova situación so cabe pensar que -si realmente existen neste concello políticos socialistas con influencia- ou ben non teñen tanta como da que presumen, ou ben utilízana para torpedear a nosa xestións e impedir que os locais en desuso da Casa do Mar revertan aos veciños deste municipio” recalcou Armada.
“Resulta moi sospeitoso que despois dun ano e medio mandando escritos, formalizando acordos plenarios, e mantendo xestións directas coa Seguridade Social intenten agora escorrer o bulto cunha conversa telefónica dun par de minutos. Non estamos dispostos a que o traballo destes últimos 18 meses non vaia para nada e se nos obrigue a iniciar de novo tódalas xestións dende cero. Non nos parece serio que pretendan agora marear a perdíz e esperamos que o INSS responda formalmente a algún dos moitos escritos que lle levamos enviado e nos diga formalmente cales son as razóns para dicirnos agora que non é cousa deles” concluíu a concelleira de Asuntos Sociais cervense.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



