Nota de Prensa
Como é posíbel que a autoridade competente en materia urbanística en Galiza, descoñece o planeamento vixente no Concello de Foz,
pregunta Blanco ao Conselleiro Hernández.
Blanco leva ao Parlamento o POL de Foz e solicita explicacións sobre a ausencia de solo de núcleo no Concello.
O Parlamentario Nacionalista Fernando Blanco, presentou a o pasado xoves unha iniciativa no Parlamento Galego a fin de que o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas Agustín Hernández aclare os motivos a que levan a que a Xunta de Galiza tome como referencia para elaborar o POL no Concello de Foz un planeamento que non se corresponde co que esta vixente neste Concello.
Na súa interpelación Blanco lembra que “o Planeamento que recolle o POL só fixa como urbano, a parte da Vila que ten esa consideración nas NSP do 81, clasificando como urbanizábel parte de Vilaronte,Fazouro e Cangas, a máis das dúas bolsas de urbanizábel que existen na Vila e clasifica como solo rústico o resto de solo do Concello. Dáse así o caso de que non aparece delimitado en todo o Concello nin unha soa bolsa de solo de núcleo rural até o punto de que as áreas de solo que tiña esa clasificación urbanística nos lugares de Cangas, Nois, Fazouro, Cordido, Vilaronte e San Martiño de Mondoñedo, segundo a cartografía do planeamento que se recolle no POL aparecen clasificadas como solo rústico de protección ordinaria”. Así as cousas o parlamentario nacionalista considera dun gravidade extrema “ que nestes bolsas de solo de núcleo rural que segundo a cartografía utilizada pola Consellaría para elaborar o POL dáselles a consideración de solo rústico de protección ordinaria residen máis de 3000 persoas, sendo boa parte das vivendas construídas nos últimos 20 anos, e tomando o Concello como criterio para outorgar a preceptiva licencia urbanística a consideración destes solos, como solos de núcleo rural” polo que non se entende como “ non existe en todo o Concello de Foz unha soa bolsa de solo de núcleo rural, cando nestes últimos 20 anos existe esta clasificación urbanística no planeamento municipal”o que en palabras de Blanco obriga a que a Xunta de Galiza explique “como é posíbel que a autoridade competente en materia urbanística en Galiza, isto é a administración autonómica, descoñece o planeamento vixente no Concello de Foz e por que o planeamento urbanístico que se recolle no POL como propio do Concello de Foz non se corresponde co vixente neste Concello nos últimos 20 anos”.
Na súa iniciativa Blanco denuncia que aparezan pintadas tres bolsas de solo urbanizábel en Cangas, Vilaronte e Fazouro que non existen no planeamento desde a modificación puntual do 90, tendo desde aquela eses solos a consideración de núcleo rural ou que se clasifique como urbanizábel non delimitado os predios nos que se sitúa o Parque Empresarial de Foz, cun Plan Parcial aprobado definitivamente desde 2003, co seu proceso de urbanización rematado e executado e ocupado case na súa totalidade por naves empresariais tanto na parte desenvolvida por Xestur como na parte desenvolvida pola iniciativa privada. Todo isto leva ao nacionalista a que a esixir que a Xunta explique os motivos polos “que o planeamento urbanístico que se recolle no POL aparezan bolsas de solo urbanizábel non delimitado en Cangas, Fazouro e Vilaronte ou por que se considera no planeamento urbanístico que se recolle no POL a zona onde se atopa o parque empresarial de Foz como solo urbanizábel non delimitado e a que se debe que as as bolsas de solo de núcleo rural existentes en Cordido,Cangas,Fazouro,Nois,San Martiño e Vilaronte na cartografía do planeamento urbanístico que se recolle no POL aparecen como solo rústico de protección ordinaria”.
Xa por último o Parlamentario do BNG por Lugo denunciou os prexuízos que a Xunta de Galiza está a crear ao Concello de Foz na medida que non se permite ningún uso residencial fora do que é o casco urbano da vila e que a maiores se deixa fora de ordenación vivendas onde residen máis de 3000 mil persoas. “Non é necesario que expliquemos aquí o grave problema que se crea no caso do concello de Foz por utilizar a administración autonómica un planeamento que non se corresponde co vixente no Concello” afirmou Blanco quen urxiu “unha explicación urxente por parte da Xunta e unha solución. Primeiro aclarándonos cal é o planeamento de aplicación no Concello e en segundo termo dandolle unha solución a esta situación, posto que a cartografía utilizada determina absolutamente a proposta de ordenación recollida no POL”




















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



