Nota de Prensa
ESPECTÁCULO GOLEADOR ANTE O SOTO MADRILEÑO (8-2)
O Burela FSF Pescados Rubén regresou hoxe a senda triunfal con espectáculo goleador en Vista Alegre, ante o Soto del Real (8-2). Tres puntos máis para a cuadrícula laranxa, que lles permiten ás mariñás manterse na zona media da táboa.
As pupilas de Javier Pardeiro souberon dominar e rematar un encontro que, a pesar das numerosas ocasións iniciais, se puxo en contra no marcador, aínda que por pouco tempo. Lucía, con catro tantos, foi a referencia goleadora da cita.
As laranxas saíron á pista co obxectivo máis que claro, creando perigo dende o comezo. Trancorridos apenas dous minutos, chegaba unha extraordinaria ocasión, nun lanzamento cruzado de Dolo que saía desviado. Cun equilibrio de forzas paulatino e aínda que as burelistas non cesaban na súa teima de abrir o electrónico, foi Pitu quen subiu o 0-1 (minuto 13) para as madrileñas, nun balón baixo que aproveitou dende un saque de esquina. Non obstante, pouco lles durou a ledicia ás rivais, que tiveron que sufrir a implacable reacción do Burela cunha inspirada Cuchi, que puido empatar e soubo levar as súas con vantaxe para o descanso (minutos 16 e 17).
Con 2-1, o cadro de Pardeiro reapareceu con ganas de máis e tocoulle a vez a Lucía. Dun potente lanzamento dende saque de banda, primeiro, e nun bonito xogo de pases con Dolo, despois, a pichichi laranxa ampliaba a distancia ata o 4-1, a tan só dous minutos da reanudación. Sen perigo en exceso, as visitantes puideron anotar o 4-2 presionando, nunha perda de balón da mesma Lucía ao lado da meta de Jozi.
Faltando sete minutos para o final e con cupo de faltas, o Soto quixo darlle a volta ao partido coa saída de Pitu como porteira-xogadora. Pero volveu Lucía para anotar o 6-2, nun dobre penalti. Lonxe de surtir efecto o cinco contra catro, Lara e, de novo, a pichichi burelista afinaron puntería dende propia pista para o 8-2 definitivo.
Partido perteneciente a la 6ª jornada de la temporada 2010/2011.
CD Burela FSF
3 Victorias | 0 Empates | 3 Derrotas
Puntos acumulados: 9 8
Soto del Real
2 Victorias | 0 Empates | 4 Derrotas
Puntos acumulados: 6 2
Cancha de juego: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Fecha: Sábado, 16 de Octubre de 2010
Hora de inicio: 18.30 horas
CD Burela FSF
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
14
Dolores Sánchez García
Dolo
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
7
Rosana Carballés Fernández
Ro
8
Silvia Estévez Alonso
Cuchi
9
Lara Balseiro Candia
Lara
Soto del Real
3
Patricia González
Pitu
4
Nerea Casado
Nere
6
Raquel Bringas
Reichel
8
Noemi Morales
Noe
17
Elena de Diego
Helen
5
Laura García
Chili
7
Laura Jiménez
Jiménez
9
Verónica Sanz
Vero
10
Sofía Sáez
Sofi
14
Vanesa Romero
Vane
15
Tamara Raquel Velasco
Tayra
Tarjeta amarilla Min. 12 | Nere
Gol 0 – 1 Min. 13 | Pitu
Gol 1 – 1 Min. 16 | Cuchi
Tarjeta amarilla Min. 17 | Lucía
Tarjeta amarilla Min. 17 | Sofi
Gol 2 – 1 Min. 17 | Cuchi
Tarjeta amarilla Min. 21 | Pitu
Gol 3 – 1 Min. 21 | Lucía
Gol 4 – 1 Min. 22 | Lucía
Gol 4 – 2 Min. 25 | Reichel
Gol 5 – 2 Min. 28 | Claudia
Tarjeta amarilla Min. 29 | Claudia
Tarjeta amarilla Min. 33 | Helen
Gol 6 – 2 Min. 37 | Lucía
d.p.
Gol 7 – 2 Min. 38 | Lara
Gol 8 – 2 Min. 38 | Lucía

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
