Nota de Prensa
O ALCALDE CREE QUE AS MANIFESTACIÓNS FEITAS POLOS DONOS DA FINCA ANEXA AO MUSEO DO MAR DEIXA AO DESCUBERTO O ENGANO CONTINUADO DOS ACTUAIS RESPONSABLES PROVINCIAIS NO SEU PRESUNTO INTERESE EN AMPLIAR ESTA INSTITUCIÓN
o Tras demostrarse a pasividade amosada nestes tres anos pola Deputación para chegar a un acordo de compra cos propietarios o Concello está obrigado a dilixenciar o Estudio de Detalle desta leira para construír nela un edificio
o Isto hipotecará o futuro do Museo e tira por terra tódalas reivindicacións feitas dende o Concello nos últimos 5 anos para garantir que estes terreos se adicaran a ampliar a sede do Museo
o Socialistas e nacionalistas reivindicaban a ampliación do museo cando estaban na oposición e agora -unha vez á fronte da Deputación- levan sen facer nada para materializar esta reivindicación de tódolos veciños de Cervo e da Mariña
Cervo, 7 de outubro de 2010.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, dixo hoxe nunha rolda de prensa celebrada nas dependencias municipais que as recentes declaracións da propietaria da finca anexa ao Museo do Mar de San Ciprián sobre as negociacións coa Deputación de Lugo para formalizar a venda da súa propiedade e ampliar así devandito museo “son totalmente esclarecedoras da realidade e deixan a cada quen no seu sitio”.
Para Villares, a dona do terreo deixa en evidencia que os responsables do organismo provincial non fixeron nada nestes tres anos e medio para adquirir este solar, “a non ser anuncios con gran alarde informativo, pero baleiros de contido”. “Que sexa a propia dona da finca quen diga publicamente que en todo este tempo os representantes provinciais nunca lle propuxeron unha oferta económica para a compra da súa propiedade deixa claro que nós estabamos no certo: que a Deputación estaba mantendo unha desidia e pasividade absoluta neste tema” asegurou o rexedor.
O primeiro edil cervense lembrou que dende que o bipartito rexe o organismo provincial o consistorio leva reivindicando por escrito diante da Deputación “e en múltiples ocasións” a adquisición destes terreos “sen que ata o momento se recibira no Concello nin unha sola contestación a toda esta chea de peticións … e agora entendemos o porque deste escurantismo” recalcou Vilares. Na súa opinión, agora queda en evidencia que as formacións políticas que sustentan o Goberno provincial limitáronse no tempo que levan á fronte da Deputación a facer anuncios mediáticos en torno ás negociacións de compra dos terreos para ampliar o Museo do Mar. “Esta desidia, pasividade e mentiras continuas da Deputación nestes tres anos e medio en torno a este tema é aínda moito máis doloroso para os cidadáns deste municipio tendo en conta de que dous concelleiros desta corporación que militan na oposición municipal forman tamén parte importante do goberno provincial” incidiu o alcalde.
PSOE E BNG, ÚNICOS RESPONSABLES
A Villares resúltalle “patética” a actitude de PSOE e BNG neste asunto, xa que cando estaban na oposición eran eles os que non se cansaban de reivindicar a ampliación do museo e que o organismo provincial adquirira os terreos. “Sen embargo agora, despois de tres anos e medio á fronte da Deputación a realidade nos di que non fixeron nada para solucionar o problema” e sinalou que, “tal vez”, algúns dos responsables provinciais non teñan moito interese nesta ampliación do museo, “pero hailles que lembrar que cando se vangloriaban das súas grandes xestións neste asunto saía tamén nas fotos un asesor desta institución que é concelleiro desta corporación ao que lle debería a caer a cara de vergonza; así coma a outra concelleira deste municipio que tamén é unha importante representante do Goberno provincial. Ámbolos dous deixaron de manifesto o seu nulo peso político e o seu nulo interese polo seu pobo”.
CINCO ANOS LOITANDO
Para o alcalde, tralas declaracións dos propietarios da finca, desenmascárase a verdade. “Atopámonos que todas esas negociacións non eran máis que fogos de artificio e mentiras” dixo. Recordou tamén que o Concello leva demostrando o seu interese e preocupación por este tema en reiteradas ocasións. “Levamos moito tempo loitando por garantir a ampliación desta institución. Así o temos demostrado en infinidade de ocasións dende marzo do 2005, cando o Pleno desta Corporación adoptou un acordo por unanimidade solicitando á Deputación a compra dos terreos para ampliar o museo. Levamos remitindo infinidade de escritos e comunicacións á Deputación urxíndolles a que axilizaran as súas xestións neste tema porque sabíamos que o tempo corría en contra da ampliación do museo e o único que temos recibido en todo este tempo é o seu silencio covarde, xa que nestes tres anos e medio nunca foron quen de contestar a ningún dos nosos escritos” asegurou.
TRAMITAR UN ESTUDO DE DETALLE
Para o rexedor, despois de todo este tempo a ampliación do Museo do Mar está en peores condicións que hai cinco anos. “Hoxe en día a situación é peor que no ano 2005. O concello vese na obriga de tramitar un Estudio de Detalle que dilixenciou alongando todo o posible os prazos que a lei lle permitía para tentar deste xeito que a Deputación asumira o seu compromiso e fixera os seus deberes: xestionar a compra dos terreos. Non foi así e aínda por riba dende a Deputación fomos tildados de belixerantes e acusóusenos de tentar entorpecer as xestións cando en realidade o único que pretendíamos era que este tema non caera no esquecemento… Sen embargo agora, o Concello deberá tramitar este Estudio de Detalle para que nel se constrúa un edificio e eu pregúntome, si ao final se levanta alí un edificio ¿quen será realmente o culpable?”.
Por último Villares lembrou que o interese na ampliación do Museo do Mar non é un capricho do equipo de Goberno local, “se non que responde a unha inquietude de moitos veciños que ven como as súas doazóns de fondos ao museo teñen que estar arrumbadas en caixas no soto do edificio”.
Por iso, advertiulles aos dous partidos que gobernan na Deputación que “ou asumen as súas responsabilidades e materializan dunha vez por todas o seu compromiso de comprar ou financiar a adquisición de dita parcela”, ou serán os únicos responsables de que o Museo Provincial do Mar quede definitivamente imposibilitado para seren ampliado, “e así llo lembrarán tódolos veciños do Concello de Cervo e da Mariña”.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



