Nota de prensa:
O GMPP burelés afirma que o alcalde “non moveu nin un dedo pola mellora do subministro de auga a Burela”.
A Xunta bipartita non actualizou os prezos de proxecto.
Os populares pregúntanse que pinta o alcalde na FEGAMP: “os convenios dos centros de drogas firmounos a Federación de Municipios”.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que o alcalde de Burela en ningún momento fixo nada polas obras de mellora do subministro de auga a Burela, polo que non se entende que agora veña pedindo que a Xunta drague o encoro de Rúa”.
Os populares fan un repaso á historia: o proxecto da obra de mellora de abastecemento de auga a Burela e Cervo aprobouse sendo conselleiro de Medio Ambiente José Manuel Barreiro, e nos presupostos da Xunta de 2005, últimos da etapa de Fraga como presidente, había cartos para a obra. A Xunta bipartita paralizou a tramitación da licitación e adxudicación da obra, argumentando que o proxecto tiña erros, pero resulta que non correxiron ningún dos erros que eles decían, e o máis importante é que tampouco fixeron actualización dos prezos (de xeito que se está a facer unha obra en 2010 con prezos de 2004), e por riba retrasaron dous anos a adxudicación da obra, que fixeron coincidir coa campaña das eleccións municipais de 2007. Coa chegada do bipartito ó concello de Burela, e en dous anos de convivencia de bipartitos en Burela e Santiago, o alcalde burelés en ningún momento se preocupou por ver se o proxecto estaba completo ou tiña erros. Hai que decir publicamente que no proxecto hai unha partida de cartos adicada ó dragado do encoro de Rúa, pero que pode ser insuficiente, tal e como Pachi Vázquez, sendo conselleiro de Medio Ambiente, lle dixo ó alcalde de Burela e tamén ó de Cervo. Pero Llano calou a boca, non dixo nada, e é agora cando fala destes temas: acórdase de Santa Bárbara cando trona, e por riba non conta para nada co alcalde de Cervo, nunha mostra de deslealdade institucional clamorosa.
A responsabilidade é absoluta e totalmente da Xunta bipartita, que non actualizou os prezos do proxecto. E por riba o alcalde de Burela, en tres anos, como é unha persoa mui ocupada, non tivo tempo para ver se o proxecto, adxudicado pola Xunta bipartita, cumplía debidamente.
No que se refire á Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD), se nos parece ben que a Xunta asuma nun futuro estes centros, hai que preguntarlle ó alcalde que qué pinta el, membro da Fedaración Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), na FEGAMP, cando resulta que os convenios dos centros de drogas do presente ano asinounos precisamente a FEGAMP coa Xunta, de tal forma que as solicitudes á Xunta das aportacións económicas para os centros de drogas houbo que formulalas a través da FEGAMP, e tamén hai que tramitar as xustificacións a través da FEGAMP; esta remite a documentación á Xunta, e a Xunta transfire os cartos á FEGAMP, que á súa vez se encarga de enviar os fondos ós concellos. A tramitación vai lenta por culpa única e exclusivamente da propia FEGAMP, da que o alcalde presume de formar parte. Así que no que respecta á aportación da Xunta, que lembremos que é o cento por cento dos custos de persoal e funcionamento do centro de drogas, a quen tén que poñerlle as pilas é á FEGAMP, que conta cun presidente socialista e un vicepresidente do BNG.
Desde o GMPP entendemos que con estas maniobras o alcalde o único que pretende é tapar de forma descarada a súa falla de xestión. Se en tres anos e catro meses non se lembrou destas cousas, resulta sospeitoso que se lembre agora. O alcalde non pode presumir de xestión: nin tan siquera deu un só premio pola limpeza dos solares, anunciados a bombo e platillo. E pretende tapar a súa ineficácia falando da Xunta, cando á Xunta bipartita nada lle pideu.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



